Abrir o menú principal

Falabarato foi unha publicación gratuíta de anuncios breves.

Traxectoria e característicasEditar

Promovido en 1994 por Severiano Pérez, contaba cunha tirada mensual de 3.000 exemplares, repartidos na comarca do Barbanza e en Santiago de Compostela. Sustentábase economicamente cos publicitarios que figuraban en cada número. Propoñíase un concurso, coa fin de ensalzar ós publicitarios, con premios variados, como un 10% de desconto na compra en calquera dos anunciantes, 1 lote de conservas Calvo, ou unha cea para 2 persoas en varios restaurantes.

As fotos de portada actuaban como enganche da curiosidade. Nas páxinas centrais compúñase un diario onde se narraban actividades deportivas e lúdico-culturais que acontecían na Comarca do Barbanza.

Durou 22 números, rematando a súa publicación en novembro do 1995. Dez anos despois renaceu en formato dixital, como portal galego de anuncios verbais.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

www.falabarato.net