Nitro (cadea de televisión)
Nitro foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago R, ONO, Canal+, Euskaltel e Imagenio en España. Comezou as súas emisións o 23 de agosto de 2010 e cesounas o 5 de maio do 2014. A programación estaba orientada ao público masculino.[1] A canle está orientado ao público masculino, con series que tiveron éxito na súa emisión na cadea matriz (Antena 3), redifusións, espazos de produción propia, humor, deporte, como a Fórmula 1 e Pelota vasca e cine.
Nitro | |
---|---|
Inicio das emisións | 23 de agosto de 2010 |
Fin das emisións | 6 de maio de 2014 |
Propiedade de | Atresmedia Televisión |
Formato da imaxe | 576i (SDTV), 16:9 |
Datos de audiencia | 1,5% (setembro de 2012, FormulaTV) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | España Andorra |
Nome(s) anterior(es) | Antena.Nitro |
Canle/s irmá(s) | Antena 3 laSexta Neox Nova Xplora laSexta3 Gol Televisión Antena 3 HD laSexta HD |
Na rede
| |
Páxina web de Nitro | |
Historia
editarAs súas emisións en probas comezaron o 2 de agosto de 2010 ás 8:00 (UTC+2). Durante 3 semanas, Nitro emitiu un bucle continuo co avance da súa programación. O 23 de agosto de 2010 ás 13:30 pasadas comezaron as súas emisións regulares[2] coa emisión da serie Pacific Blue.
O 20 de agosto de 2010 a canle incorporouse ao dial 43 do operador de pago ONO, aínda co seu bucle de probas, pois non inicio emisións ata o luns 23 de agosto de 2010 ás 13:30h.
O 12 de maio de 2011 estrea en televisión en primicia mundial a serie de 13 episodios Justicia extrema, protagonizada e dirixida por Steven Segal.
O 14 de xullo de 2011 a canle incorporouse ao dial 97 do operador de pago Canal+.
O 16 de agosto de 2011 a canle incorporouse ao dial 36 do operador de pago Imagenio.
Fin das emisións
editarA canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[3][4][5]
Audiencias
editarEvolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[6] Están en letra grosa e amarelo os meses en que foi líder de audiencia.
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | - | - | - | - | - | - | - | - | 1,3% | 1,2% | 1,1%** | 1,2% | 1,2% |
2011 | 1,1% | 1,4% | 1,3% | 1,3% | 1,3% | 1,3% | 1,6% | 1,7% | 1,5% | 1,5% | 1,4% | 1,4% | 1,4% |
2012 | 1,5% | 1,5% | 1,6% | 1,5% | 1,5% | 1,5% | 1,8% | 1,6% | 1,5% | 1,5% | 1,6% | 1,7% | 1,5% |
2013 | 1,6% | 1,7% | 1,8% | 1,7% | 1,7% | 1,6% | 1,8% | 2,0%* | 1,8% | 1,6% | 1,7% | 1,6% | 1,7% |
2014 | 1,6% | 1,6% | 1,7% | 1,7% | 1,5% | - | - | - | - | - | - | - | 1,6% |
* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.
- O 20 de novembro, Nitro conseguiu o seu récord histórico cun gran 2,8% de cota de pantalla en todo o día.
Notas
editar- ↑ Antena 3 prevé unha cota do 1% a final de ano para Nitro Fórmula TV
- ↑ Antena 3 presenta Antena.Nitro Jenesaispop
- ↑ El Supremo ordena el cierre de nueve canales de TDT
- ↑ ¿Por qué van a desaparecer en un mes 9 canales de su televisor?
- ↑ laSexta3, Xplora, Nitro, Nueve y LaSiete echarán el cierre
- ↑ "Audiencias diarias". FormulaTV.