Sidecar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Un sidecar é un vehículo dunha soa roda enganchado ao costado dunha motocicleta, dando como resultado un vehículo de motor de tres rodas e con capacidade de transportar unha e nalgúns casos até tres persoas máis. A roda do sidecar atópase situada un pouco máis adiante da roda traseira da motocicleta, diferenciándose así do triciclo.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/MZ_Scorpion_-_Gespann.jpg/220px-MZ_Scorpion_-_Gespann.jpg)
Algúns sidecares poden ser retirados da motocicleta. Estes vehículos foron moi populares nos anos 1950 cando eran unha alternativa para o transporte de pasaxeiros.
Tamén foron usados pola policía e o exército. Durante a Segunda guerra mundial, as tropas alemás utilizaron os sidecares das mascas BMW e Zündapp.
En México a fábrica de motocicletas Islo, durante os anos 1960 vendeu o seu propio modelo feito de fibra de vidro sendo este deseñado para a motocicleta de 175 cc.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sidecar |