Raquel Fernández
Escritora e empresaria galega
Raquel Fernández Fernández, nada en Nigrán en 1972, é unha empresaria e escritora galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (51/52 anos) Nigrán, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, empresaria |
Traxectoria
editarExerce no sector da restauración como propietaria dun restaurante no Val Miñor.
En 2022 asistiu ao Obradoiro da Escola de Escritores da Editorial Galaxia, onde publicou a súa primeira obra,[1] Contas de buxo.
En 2024 gañou o Premio Jules Verne, por I’m Obélix. Segundo o xurado:[2]
...o xurado valorou o ritmo que a autora consegue manter ao longo de toda a novela. "Raquel Fernández Fernández crea unha estrutura que nos fai empatizar, sufrir e, ao mesmo tempo, sentir esperanza co protagonista, pero que tamén nos permite coñecer, e mesmo chegar a comprender, os responsables da súa situación. O xogo con varias voces dálle, ademais, unha inmensa riqueza á narración, e introdúcenos nun mundo común para os adolescentes: o día a día do instituto. A forza do argumento, a axilidade, o manexo da lingua e as continuas referencias a cómics e videoxogos fan de I'm Obélix unha novela completa e absolutamente atractiva para a rapazada", conclúen no seu fallo.
Obras
editar- Contas de buxo (2024). Vigo: Galaxia, Col. Costa Oeste. 142 páxs. ISBN 978-84-1176-193-2. Novela Xuvenil.[3]
- I'm Obélix (2024). Vigo: Xerais, Fóra de xogo.184 páxs. ISBN 978-84-1110-587-3. ePub: ISBN 978-84-1110-595-8.[4]
- 2017 e 2019: 1º Premio das Mulleres Progresistas de Vigo.
- 2020: Certame Literario do Concello de Ames (Poesía e en Narrativa).
- 2020: Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (repetido en 2022, 2023)
- 2021: Premio de relatos a prol da igualdade do Concello de Melide.
- 2021: 2º Premio Manuel Orestes de Poesía.[6]
- 2022: Premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto
- 2024: Premio Jules Verne, por I’m Obélix.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Fernández Fernández, Raquel". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-06-08.
- ↑ "Os Premios Xerais 2024 son para Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé". Praza Pública. 2024-06-08. Consultado o 2024-06-08.
- ↑ "Contas de Buxo". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-06-08.
- ↑ "I'm Obélix - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-17.
- ↑ Redacción (2024-03-18). "La nigranesa Raquel Fernández Fernández debuta en Editorial Galaxia con “Contas de buxo”". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2024-06-08.
- ↑ Diario, Nós (2024-06-08). "Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé, premios Xerais 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-06-08.