Premio Jules Verne
certame literario galego
O Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil é un premio que concede Edicións Xerais desde 2006 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais e o Merlín. Por razóns de patrocinio coñeceuse ata o ano 2011 como Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Non se convocou nos anos 2012 e 2013, refundándose co seu actual nome no ano 2014[1]. A súa dotación é de dez mil euros.

Galardoados no Caixa Galicia de literatura xuvenil Editar
- 2006: Santiago Jaureguízar (A cova das vacas mortas).
- 2007: An Alfaya (Illa Soidade).
- 2008: Marilar Aleixandre (A cabeza de medusa).
- 2009: Rosa Aneiros (Ás de bolboreta).
- 2011: Héctor Carré (Febre).
Galardoados no Jules Verne de literatura xuvenil Editar
- 2014: Eduardo Santiago (O gran reino)
- 2015: Andrea Maceiras (Europa Express)
- 2016: Iria Misa Peralba (Xa non estou aquí)
- 2017: Manuel Lourenzo González (Ceiba de luz)
- 2018: Carlos Negro (Aplicación instantánea)
- 2019: Enma Pedreira (Os corpos invisibles)
- 2020: Antonio Manuel Fraga (Santoamaro)[2]
- 2021: Berta Dávila por Un elefante na sala de estar[3]
- 2022: Rocío Leira por Cicuta para dous[4]
- 2023: María Reimóndez, por Furia[5].
Notas Editar
- ↑ Edicións Xerais
- ↑ "María Marco Covelo, Antonio M. Fraga e Andrea Maceiras, premios Xerais 2020". Praza Pública. 2020-12-18. Consultado o 2020-12-18.
- ↑ David Lombao (11 de decembro de 2021). "Berta Dávila gaña o Premio Xerais de Novela e mais o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil". Praza Pública.
- ↑ Diario, Nós (2022-07-15). "María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais". Nós Diario. Consultado o 2022-07-15.
- ↑ Melchor, Edgar. "Pedro Feijoo conquista o Premio Xerais de Novela 2023". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-17.