Rocío Leira
profesora e escritora galega
Rocío Leira Castro, nada na Pereiriña (Cee) o 1 de outubro de 1979,[1] é unha escritora galega.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1979 (44 anos) A Pereiriña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora , educadora |
Lingua | Lingua galega |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, desempeña o seu labor en Santiago de Compostela dirixindo un centro de formación para universitarios.[3] No ano 2009 gañou o X Certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome e no 2012 o segundo Premio Anduriña Voandeira. Vive en Santiago de Compostela.
Obra
editarNarrativa
editar- Veleno en familia (2019). A Coruña: Baía.[4] 168 páxs. ISBN 9788499953274. Novela.[5]
- A afogada (2021). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9121-822-7.[6] ePub: ISBN 978-84-9121-833-3.
Narrativa infantil e xuvenil
editar- Universo Pitágoras (2013). Biblos. 72 páxs. ISBN 9788415086338. Novela.[7]
- O becho que quería comer á avoa (2015). Vigo: Galaxia. 92 páxs. ISBN 978-84-9865-614-5. Novela.[8]
- Trescatorcedezaseis (2020). Vigo: Xerais, Col. Fóra de Xogo. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-624-7. ePub: ISBN 978-84-9121-618-6.[9]
- Cicuta para dous (2022). Vigo: Xerais, Col. Fóra de Xogo. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-216-2. ePub: ISBN 978-84-1110-215-5.
Poesía
editar- Obituario (2016). Secretaría Xeral de Política Lingüística. Prólogo de Ramón Nicolas. Ilustracións de Heitor Picallo.[10][11]
- INEM (2016). Concello da Estrada.
Obras colectivas
editar- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017). Alvarellos.
Premios
editar- Finalista do VIII Premio de novela por entregas La Voz de Galicia no 2008, por Os crimes do morcego.
- Premio de poesía Díaz Jácome no 2009.
- VIII Premio Valle Inclán de narrativa no 2009, por A murcha madame Bovary.
- XI Premio de narración curta Concello de Marín no 2010, por Folerpas de nostalxia.
- Finalista do X Premio de novela por entregas La Voz de Galicia no 2010, por Xogo de nenos.
- Premio de relatos Boca da Ría da Sociedade Artística Ferrolana no 2011, por No berce da apocalipse.
- Segundo Premio de poesía Anduriña Voandeira no 2012, por Os haikus das estacións.
- Segundo premio do Seminario de Estudos Comarcais no 2012, por "Desorballando o tempo"
- VII Premio de poesía Concello de Mugardos no 2013, por Noite sin trincheiras.
- VI concurso de poesía Mulleres do Noso Tempo no 2013, por Ti es.
- VI Premio de novela curta Vila de Negreira no 2013, por Cita con Lola.
- VII Premio de poesía Terras do Chamoso no 2013, por Mensaxes cifradas.
- Segundo Premio do XIV Certame Literario Frasquita Larrea no 2014, por Despierta.
- XXII Certame Xaime Illa Couto no 2014,na modalidade de relato curto, por Querida mamá.
- XIII Premio de narración curta Concello de Marín no 2014, por Alopecias nas paredes.
- Segundo Premio do XV certame de poesía Anduriña Voandeira no 2015, por Sísmica interna.
- XVIII Premio de poesía Feliciano Rolán no 2015, por O último camiño ata nós.
- XXIX edición do Certame Rosalía de Castro de Cornellà no 2016 por Lume no peito.
- IV certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro no 2016, por Obituario.
- XX edición do Premio Avelina Valladares Núñez de poesía no 2016, por INEM.
- Segundo premio no Premio de Novela Vilar Ponte en 2018, por Veleno en familia.
- Certame de Narración Curta Ánxel Fole en 2020.
- Premio Jules Verne de literatura xuvenil en 2022, por Cicuta para dous.[12]
Notas
editar- ↑ Informática, Korku Soft Internet e. "Rocío Leira". Stoupa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2016. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Rocío Leira". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Autores - Leira Castro, Rocío". baiaedicions.gal. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "veleno-en-familia". baiaedicions.gal. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "«Veleno en familia», lo nuevo de Rocío Leira". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-11-06. Consultado o 2020-01-20.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-03-12.
- ↑ Nicolás, Ramón (2015-07-24). "Universo Pitágoras, de Rocío Leira Castro. Caderno da crítica". web.archive.org. Archived from the original on 24 de xullo de 2015. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "O becho que quería comer á avoa". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-01-16.
- ↑ "Rocío Leira gaña o III Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro convocado polo concello de Negreira. Axenda cultural AELG::". web.archive.org. 2016-08-06. Archived from the original on 06 de agosto de 2016. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Sae a luz "Obituario", o novo traballo de Rocío Leira". que pasa na costa. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais". Nós Diario. 2022-07-15. Consultado o 2022-07-15.