Ceiba de luz

obra literaria de Manuel Lourenzo González

Ceiba de Luz é unha novela de aventuras de Manuel Lourenzo González galardoada co Premio Jules Verne e publicada en 2017 na Colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais de Galicia.

Ceiba de Luz
Autor/aManuel Lourenzo González
CubertaAntonio Seijas
OrixeGalicia Galicia
LinguaGalega
ColecciónFóra de Xogo
Xénero(s)novela de aventuras
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.2017
Páxinas344
ISBNISBN 978-84-9121-276-8
editar datos en Wikidata ]
Ceiba de Luz é unha novela que encaixa no canon do relato de aventuras no eido da experiencia científica [1]

Título

editar

O título alude á ceiba[2], árbore “considerada sagrada en moitas culturas daquela rexión de América do Sur” [3], tamén chamada “árbore da lupuna” no Perú[4].

A facultade de Xeografía da Universidade de Salamanca en colaboración coa Universidade pública de Lima organiza unha expedición á Amazonía peruana despois de estudar unha pequena figura humana en crequenas que estaba á venda nunha tenda de antigüidades salmantina. Resultou ser de ouro macizo con elementos comúns a varias culturas precolombianas e con inscricións en alfabeto xeroglífico nas que se describía de xeito metafórico unha localización xeográfica que axiña identificaron como Eldorado.

Logo de dous anos de estudos e preparativos, comeza a expedición, formada por dezaoito membros de procedencia e estudos moi dispares comandados por Sandra Olivares, doutora en Arqueoloxía e profesora axudante de Historia Antiga na Universidade de Salamanca.

Unha vez que os helicópteros militares peruanos os deixan en Taliuca, comeza a verdadeira aventura:

teremos entre cento cincuenta e douscentos quilómetros de selva para cruzar, selva virxe, onde nunca entrou o home civilizado[5]

.

Durante dous meses sufrirán todo tipo de dificultades para abrirse paso a través desa selva tropical. O clima quente e húmido, o cansazo físico e a convivencia dun grupo tan numeroso e con expectativas moi diferentes dará pé a relacións persoais conflitivas: amizades, odios, desconfianzas, amores, que se unirán aos atrancos propios dunha viaxe tan extrema: aparatos electrónicos que non funcionan e os deixan incomunicados, ataque dun puma, descubrimento dunha tribo que ten un comportamento tan pasivo que a denominarán “os pasmóns”… ata que conseguen chegar ao seu destino.

Narración

editar

A obra desenvólvese de xeito linear da man dun narrador extradiexético omnisciente e dos diálogos entre os personaxes. Apenas no capítulo segundo hai unha analepse para relatar os dous anos de preparativos da expedición.

A acción iníciase na terceira semana do mes de maio de 2007[6] e abrangue un período de dous meses[7].

Personaxes

editar

Os protagonistas son dezaoito, trece españois e cinco peruanos de formación e ambicións moi diversas e que ao longo da obra irán descubrindo intereses moi diferentes aos que declararan cando foron seleccionados para a expedición.

  • Sandra Olivares é a xefa, profesora de Historia Antiga, casada cun eminente científico, séntese empequenecida ao seu carón, o que a impulsa a dirixir esta viaxe.
  • Héctor Alcalde, alcumado “More” pola marca de cigarros que fuma, é de Madrid, enxeñeiro técnico topógrafo, e o máis vello do grupo, Sandra irao convertendo no seu segundo.
  • Elías Vilagut é biólogo, procede da Universidade Autónoma de Barcelona e axiña mostrará o seu interese pola peruana Yolanda Ormaza.
  • Mariluz Bravo, Rosa Villaleón (as dúas estudantes de Historia), Pablo José Rivas (estudante de Historia da Arte que será o encargado da cociña) e Ramón Hacendado (etnógrafo) son andaluces e xa coincidiran nunha escavación en Mérida.
  • Aurora Teixeiro (médica) e Estefanía Torres (axudante técnica sanitaria) son galegas e parella, circunstancia que ocultaron no seu currículo e que dará lugar a algúns problemas. Estefanía, ademais, mostra unha xenreira extrema polos peruanos, cuxa causa explicará nun determinado momento.
  • María Teresa Senín é de Cuenca, graduada en Historia, con estudos de Epigrafía e Paleografía, é ademais fotógrafa e boa debuxante; será a encargada de facer a crónica da expedición.
  • O historiador rioxano Rubén Sancho, a quen lle poñen o alcume de “lascivo Adonis da selva virxe” anda sempre provocando a María Teresa, que sabe responderlle con enxeño.
  • Bernardo Morena, cántabro, será o encargado de cazar.
  • Fermín Núñez, de Cáceres, é o encargado da informática e o máis novo do grupo.
  • Os peruanos son Sebastián Conde, xeógrafo; Hilario Arroyo, antropólogo; Arístides Huanca, botánico; Gloria Toledo e Yolanda Ormaza, historiadoras e etnógrafas.

Entre Arístides e Yolanda hai un vínculo especial que o resto non consegue romper, ao contrario, irase estreitando ao longo da expedición, o que dará pé a algúns enfrontamentos.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  2. "Diccionario de la lengua española". Consultado o 10/11/2017. 
  3. Lourenzo González, Manuel (2017). Ceiba de Luz. Ed. Xerais. p. 17. ISBN 978-84-9121-276-8. 
  4. Lourenzo González 2017, p. 64.
  5. Lourenzo González 2017, p. 41.
  6. Lourenzo González 2017, p. 13.
  7. Lourenzo González 2017, p. 323, 333.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar