Emma Pedreira

escritora galega

Emma Pedreira Lombardía, nada na Coruña o 11 de novembro de 1978[1], é unha escritora galega en lingua galega.

Emma Pedreira
Enma Pedreira.jpg
Nacemento11 de novembro de 1978
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, narrador e escritora
Coñecido/a porBibliópatas e fobólogos
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta e narradora[2] encadrada na Xeración dos 90.[3] Formou parte da Plataforma de crítica feminista A Sega entre 2016 e 2019. En 2018 colaborou na revista Ligeia[4].

En 2018 gañou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega polo seu libro Bibliópatas e Fobólogos.

En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros".[5]

En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".[6] O dito libro foi considerado o mellor libro xuvenil do ano pola revista electrónica Fervenzas Literarias e fíxose co galardón de mellor obra xuvenil na Gala do Libro Galego 2020.[7]

ObrasEditar

PoesíaEditar

NarrativaEditar

Obras colectivasEditar

  • VII Certame Literario, 2001, Universidade da Coruña.
  • XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
  • De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Edicións do Castro.
  • Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid).
  • Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
  • Disto non se fala, en coautoría Verónica Martínez Delgado, plaqueta editorial Micromundos, 2018.
  • Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.
  • Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[22]

Obra plásticaEditar

  • O Elo, 2020. Urutau editora. Poema de Quico Valeiras e collages de Emma Pedreira (serie Os traballos d´amor meigos)
  • Bicadora Duncan. Conto e collages (2020) Autoedicións Micromundos.
  • Xela Arias. Poeta nas marxes . Portada e collages interiores (2021) Daniel Chapela (coord.)O Arquivo das Trasnas, Pontevedra.

Edicións dixitaisEditar

  • Un anaco da novela As fauces feroces, traducida para o inglés por Kathleen March como Voracious.[23]
  • O seu micropoemario Poemas irlandeses, traducido ao español por Víctor Vázquez e ao inglés por Jorge R. Durán.[24]
  • A Fundación Esteros publicou na súa revista dixital a versión bilingüe galego-castelá de Facelo por toda a casa[25]
  • Un anaco de Besta do seu sangue, traducido ao inglés por Kathleen March.[26]

RecoñecementosEditar

En 2018 participou en Vértice de versos, unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.

En 2019 presentouse un documental centrado na súa figura, titulado O des-en-freo, de Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro no que participan Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferradáns, Susana Sánchez Arins, Lucía Novas, Quico Valeiras, Antía Marante e David Cortizo.[27]

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-09. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  3. "Emma Pedreira". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  4. "Enma Pedreira". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 
  5. ""Besta do seu sangue" de Emma Pedreira gaña o Premio Xerais de Novela". Faro de Vigo. Consultado o 02/05/2018. 
  6. Redacción. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza. Consultado o 2019-06-09. 
  7. "Premios Gala do Libro Galego Axenda cultural AELG". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-23. 
  8. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  9. https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/57646/51915
  10. "ANTÍDOTO de Emma Pedreira". avarellos.info. Consultado o 2019-06-09. 
  11. https://www.correiodoporto.pt/wp-content/uploads/2020/11/A_BULA_dezembro_2020_93-EMMA-PEDREIRA.pdf
  12. Nicolás, Ramón (2016-08-11). "Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-09. 
  13. "Corazón y demás tripas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-09. 
  14. 14,0 14,1 "Emma Pedreira, escritora, gañadora do ​IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos" Zigzag diario. Entrevista de Pilar García Rego para falar do poema "Lista da compra da viúva" e do libro Bibliópatas e fobólogos
  15. "Bibliópatas e fobólogos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-09. 
  16. "Besta do seu sangue". www.xerais.gal. Consultado o 2018-10-22. 
  17. Nicolás, Ramón (2018-12-03). "Besta do seu sangue, de Emma Pedreira". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-09. 
  18. Eyré, Xosé Manuel (2018-12-12). "crítica de BESTA DO SEU SANGUE (Emma Pedreira, Xerais)". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2019-06-09. 
  19. "as-fauces-feroces". baiaedicions.gal. Consultado o 2019-07-16. 
  20. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11. 
  21. "Os corpos invisibles". Lecturafilia (en castelán). 2019-11-01. Consultado o 2019-11-18. 
  22. Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2021-01-22. 
  23. Está dispoñible en Words without borders, the online magazine https://www.wordswithoutborders.org/article/march-2021-writing-from-galicia-voracious-emma-pedreira-kathleen-march
  24. Foi publicado pola Nueva York Poetry Review https://www.nuevayorkpoetryreview.com/Nueva-york-Poetry-Review-3183-92-poesia-espaola-emma-pedreira
  25. https://esteros.org/2021/04/07/emma-pedreira-galicia/
  26. Pode lerse en http://galicianliterature.gal/emma-pedreira
  27. "Presentación Do Documental 'Emma Pedreira: O Des-En-Freo' en Santiago de Compostela". www.imjoying.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar