Carlos Negro

escritor galego

Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.

Infotaula de personaCarlos Negro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementooutubro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsÁlvaro Negro Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 165 Dialnet: 1303765

Traxectoria editar

 
Caricatura de Carlos Negro.

Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces). Foi secretario da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (2004).

En xuño de 2018 gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil con Aplicación instantánea, o xurado destacou da obra que "ante presenza das pantallas e da tecnoloxía, a sociedade actual precisa máis ca nunca a poesía. Por iso o xurado valora desta obra, entre outros aspectos: a orixinalidade, a calidade literaria, a forza da linguaxe e a súa riqueza, a posta en valor da figura feminina e o seu apoderamento, así como da cultura e lingua galegas[1]".

É irmán do artista plástico Álvaro Negro e da filóloga Marta Negro Romero.

Obras editar

Poesía editar

Narrativa editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

  • XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
  • Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo, 2009.
  • Manual para condutores con faros antinéboa, 2010, Xunta de Galicia.
  • Pola banda de Laíño: memoria dos tempos idos (Dodro-Século XX), 2010, Colexio Eusebio Lorenzo Baleirón.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas, 2014, Apiario.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
  • E de súpeto o inverno, 2017, Agalir.

Premios editar

Notas editar

  1. "Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville, premios Xerais 2018". praza.gal. Consultado o 02/05/2018. 
  2. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. 
  3. Ramos, Baldo (xullo, agosto, setembro 2021). "Memoria reescrita". Grial LIX (231): 117–8. ISSN 0017-4181. 
  4. Vila-Amado, Raquel (xullo, agosto, setembro 2021). "Calidoscopio do medo". Grial LIX (115): 155–157. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 69. ISBN 978-84-96368-00-2. 

Ligazóns externas editar