Instituto de Estudos Miñoráns

entidade cultural do Val Miñor
(Redirección desde «Instituto de Estudos Miñoranos»)

O Instituto de Estudos Miñoráns, tamén coñecido polas siglas IEM, é unha asociación da bisbarra do Val Miñor creada o 27 de outubro de 1999[1].

Instituto de Estudos Miñoráns
Placa na sede do instituto.
AcrónimoIEM
Tipoasociación cultural
Data de fundación27 de outubro de 1999
Localización
SedeGondomar
EnderezoAvda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar (galego)
EnGondomar
PaísGalicia
42°06′44″N 8°45′56″O / 42.1123098, -8.7655581
Na rede
http://iem.gal/
Facebook: institutoestudosminorans Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O instituto ten como principais obxectivos a divulgación da cultura galega e, en xeral, todo o referente ao patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico etc., dos tres concellos do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Así mesmo promove a realización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados e fomenta a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico e cultural actual.

Desde 2008 organiza, xunto á entidade local de Morgadáns, os Premios de poesía Victoriano Taibo[2] .

Notas editar

  1. IEM. "Documento fundacional". www.iem.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2018. Consultado o 2018-10-31. 
  2. "Morgadáns convoca el concurso de poesía «Victoriano Taibo» con un premio de 3.000 euros". La Voz de Galicia. 30 de maio de 2008. Consultado o 30 de outubro de 2018. (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar