Xosé Lois Vilar

arqueólogo e historiador galego (1965- )

Xosé Lois Vilar Pedreira, nado en Baiona en 1965, é un activista cultural, empresario, arqueólogo e historiador galego, especialista en toponimia e arqueoloxía da costa sur de Galicia.

Infotaula de personaXosé Lois Vilar Pedreira
Biografía
Nacementofebreiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Baiona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónArqueólogo e empresario
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2969682

Traxectoria editar

É o máis vello de sete irmáns. Licenciado en Xeografía e Historia, é Director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e membro da Asociación Galega de Onomástica. Realizou escavacións e estudos no Val Miñor (Chan do Cereixo en Donas, Panxón…), Toralla, Esposende e As Neves, con especial dedicación á arte rupestre. Tamén imparte charlas sobre a materia e conferencias en universidades. Realiza visitas guiadas ós petróglifos de toda a provincia. Ademais é presidente da Asociación de defensa Medioambiental SOS a Serra da Groba.[1]

Foi nas listas do BNG de Baiona nas Eleccións municipais de 2011.[2]

Como empresario é o dono dunha cadea de froiterías.

Publicacións editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar