Corcoesto, Cabana de Bergantiños
San Pedro de Corcoesto[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 288 habitantes dos cales 136 eran homes e 152 eran mulleres segundo datos do IGE[2], o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 390 habitantes e ao 1999 cando tiña 438 habitantes.
Corcoesto | |
---|---|
Galerías da antiga mina subterránea | |
Concello | Cabana de Bergantiños[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°13′27″N 8°50′26″O / 43.22416667, -8.84055556 |
Poboación | 288 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarCorcoesto está bañada polos ríos Anllóns e o seu afluente o Lourido.
Nesta parroquia houbo explotacións mineiras auríferas xa durante a romanización de Galicia, estando activas as minas subterráneas de novo durante o século XIX.
A compañía mineira canadense Edgewater Exploration mercou os dereitos de explotación mineira na zona á empresa Narcea Gold Mines.[3] [4]O proxecto empresarial, denominado Corcoesto Gold Project, tiña previsto abrir en 2013 e transformar a zona nunha mina a ceo aberto, pero conta coa oposición da veciñanza[5].
Lugares e parroquias
editarLugares de Corcoesto
editarLugares da parroquia de Corcoesto no concello coruñés de Cabana de Bergantiños | |
---|---|
Baralláns | Bello | A Braña | Cardezo | O Castro | Cruces | Cures | O Dequente | A Fontaíña | Fonterremula | As Lamas | O Lugar Grande | Millán | Montefurado | Perrol | A Rectoral | Regoseco | Santa Margarida de Baneira | Teixedo | Xabarido |
Parroquias de Cabana de Bergantiños
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2008.
- ↑ En busca del oro gallego, artigo no xornal El Mundo (en castelán) do 26-09-2011, consultado o 11-06-2012.
- ↑ "ORO, PIOJOS Y OVEJAS. Imaginar la justicia ambiental - Editorial Comares". www.comares.com (en castelán). Consultado o 2024-11-29.
- ↑ "Un pobo en loita contra a "bomba" da mina de Corcoesto", artigo de Miguel Pardo en Praza Pública, 6 de xuño de 2012.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Lugares de Cabana de Bergantiños
- Tesouro de Corcoesto, película documental