Estadio Municipal de Anoeta

(Redirección desde «Estadio de Anoeta»)

Coordenadas: 43°18′05″N 1°58′25″O / 43.301378, -1.973617

O Estadio Municipal de Anoeta, tamén chamado Reale Seguros Stadium por motivos de patrocinio[1], é un estadio da cidade de Donostia, no País Vasco. Principalmente é utilizado pola Real Sociedad de Fútbol, pero tamén se celebran espectáculos de grande envergadura, como o son concertos ou partidos de rugby de equipos do País Vascofrancés, entre outros. Dispón dunha pista de atletismo ao redor do céspede.

Estadio Municipal de Anoeta
UEFA
Datos
LocalizaciónAnoeta Pasealekua, 1 - 20014
Donostia, Guipúscoa, País Vasco
España
Construción
Inauguración13 de agosto de 1993
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105x70
Capacidade40.000
PropietarioConcello de Donostia
LocalíaReal Sociedad de Fútbol
Biarritz Olympique Pays Basque (ocasional)

Historia

editar

O Estadio de Anoeta foi levantado en substitución do Campo de Fútbol Municipal de Atotxa (inaugurado en 1913). Foi inaugurado o 13 de agosto de 1993.

A súa construción foi financiada polo Concello de Donostia, a Deputación Foral de Guipúscoa e a Real Sociedad de Fútbol, e é xestionado pola Sociedade Privada Municipal Anoetako Kiroldegia.

Exterior

editar

Interior

editar

Desde 2005 é utilizado ocasionalmente tamén como estadio local polo equipo de rugby vasco-francés Biarritz Olympique Pays Basque para os seus partidos maiores da Heineken Cup (Copa de Europa).

En 2008 desde a chegada de Iñaki Badiola á presidencia do equipo guipuscoano, pretende comprar o estadio que petenecería ao club e suprimir a pista de atletismo.

O 1 de agosto de 2019, anunciouse que o estadio pasaría a chamarse oficialmente Reale Seguros Stadium durante seis anos, tras un acordo coa empresa de seguros.[1]

Acceso

editar

O Estadio de Anoeta está localizado no barrio de Amara en Donostia e a súa dirección é Anoeta Pasealekua, 1 - 20014 Donostia.

  1. 1,0 1,1 "La Real cambia de nombre a Anoeta: Reale Seguros Stadium". as.com. Consultado o 1 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar