Miniestadio de Anoeta
O Miniestadio de Anoeta é un estadio de atletismo do concello de Donostia, anexo ó Estadio de Anoeta, que conta con capacidade para acoller a 1500 persoas sentadas. No campo de céspede natural xoga os seus encontros como local o equipo de rugby do club Bera Bera RT.
Miniestadio de Anoeta | |
---|---|
Estadio Kote Olaizola | |
Datos | |
Coordenadas | 43°17′59″N 1°58′33″O / 43.2996453, -1.9758466 |
Localización | Donostia |
Construción | |
Inauguración | 1993 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 110 x 50 |
Capacidade | 1.500 |
Propietario | Concello de Donostia |
Localía | Bera Bera Rugby Taldea |
[ editar datos en Wikidata ] |
As instalacións tamén son coñecidas como Estadio Kote Olaizola en homenaxe ó que fora directivo do equipo de rugby.