Estadio Nacional Complutense

O Estadio Nacional Complutense, popularmente coñecido como Central, é un recinto deportivo adicado á práctica do rugby, situado no campus da Universidade Complutense de Madrid.

Estadio Nacional Complutense
O "Central"
Datos
Coordenadas40°26′16″N 3°43′43″O / 40.437826, -3.728517
LocalizaciónEspaña Madrid
Construción
Inauguración12 de outubro de 1943
ArquitectoLuis Lacasa Navarro e Javier Barroso
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións123 x 76
Capacidade> 12.400
PropietarioUniversidade Complutense
LocalíaSelección de rugby de España
CR Cisneros
CD Arquitectura
editar datos en Wikidata ]

O 19 de novembro de 1931 foron inauguradas as instalacións deportivas da nova Cidade Universitaria de Madrid, que entre outras facilidades incluía un campo de rugby. Durante a guerra houbo combates na zona que causaron moita destrución. En 1940 comezou a recontrucción da Cidade Universitaria da man do arquitecto Javier Barroso. O actual recinto foi inaugurado o 12 de outubro de 1943.

Acolle principalmente encontros do CD Arquitectura e do CR Cisneros. A selección de rugby de España tamén xoga os seus encontros como local neste campo, cuxa capacidade nas bancadas supera os 12.000 espectadores.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar