Selección de rugby de España

A selección de rugby de España é o equipo que representa á Federación Española de Rugby nos encontros internacionais organizados pola World Rugby e a Rugby Europe. O equipo tamén é coñecido como o XV do León, en referencia ó escudo da federación. Santiago Santos é o seleccionador español dende xullo do ano 2013.[1]

España
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)O XV do León
EmblemaLeón
UniónFederación Española de Rugby
AdestradorSantiago Santos
CapitánFernando López
Mais capsFrancisco Puertas (93)
Máis ensaiosCésar Sempere (31)
EstadioEstadio Nacional (12 400)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual16 (2 de decembro de 2019)
Máximo16 (2019)
Mínimo32 (2005)
Estrea internacional
España España 9−0 Italia Italia
Barcelona, España; 20 de maio de 1929
Maior vitoria
España España 90−8 República Checa República Checa
Madrid, España; 2 de abril de 1995
Maior derrota
España España 10−92 Australia Australia
Madrid, España; 1 de setembro de 2001
Copa do Mundo
Participacións1 (1999)
Mellor resultadoFase de grupos (1999)

A selección participou nunha Copa do Mundo de Rugby, a do ano 1999, sendo eliminada na fase de grupos. A nivel continental, participa no Campionato Europeo de Rugby, tamén coñecido como "Seis Nacións B". En 2019 o equipo ocupa o posto 16 na clasificación mundial de seleccións de rugby.[2]

O XV do León xoga a maioría dos seus encontros como local no Central, un estadio con capacidade para unhas doce mil persoas, pertencente á Universidade Complutense de Madrid.[3]

HistoriaEditar

A selección española xogou o seu primeiro encontro internacional o 26 de maio de 1927 en Madrid fronte a unha selección francesa, caendo por 6-66 no Estadio Metropolitano.[4] Aquel foi un encontro de exhibición no que a selección española era en realidade unha selección castelá, salientando a ausencia dos mellores xogadores cataláns, cando daquela Cataluña era a rexión de España na que o rugby estaba máis desenvolvido. O encontro non foi organizado pola entón chamada Federación Nacional Española de Futbol Rugby, senón por membros da castelá. Os xogadores pertencían ó Athletic de Madrid, Real Madrid FC, RS Gimnástica Española e Cataluña RC. Xogaron aquel encontro: Wolf; López Bosch, San Basilio, Cavillón, Pedraja; E.Simón, Muñoz; Farando, Ferreras, Vázquez; Larrañaga, Palomino; Ganzedo, R.Simón, Candela.

O 8 de abril de 1928 disputouse un segundo encontro entre unha selección francesa e a española, nesta ocasión no Parc Lescure de Bordeos, que rematou coa vitoria local por 53-5.[5] España formou con: Garrigosa; Vázquez, Bisbal, Rues, Aiximeno; Blasco, Isart; Baides, Ferreras, Blanquet; Carreras, Aguilar; Artigas, Larrañaga, Ruíz. Ese mesmo día a selección francesa absoluta xogou en París fronte a Gales un encontro correspondente ó Torneo das Cinco Nacións, de xeito que o equipo que se enfrontou á selección española era un "equipo B", como en 1927.

É por iso polo que o primeiro encontro da selección española considerado oficial foi o xogado en Barcelona o 20 de maio de 1929, co gallo da estrea do Estadio de Montjuic, fronte á selección italiana absoluta, na que España gañou por 9-0[6] cun equipo formado totalmente por xogadores do FC Barcelona e a UE Santboiana. Xogaron aquel encontro: Vilaspasa; Bisbal, Garrigosa, Rues, Deu; Blasco, Isart; Sarda, Massoni, Baides; Carreras, Aguilar; Nubials, Ruiz, Fontanella.

Se o encontro fronte a Italia rematou coa primeira vitoria oficial da historia da selección española de rugby, a primeira derrota oficial foi a encaixada fronte a Alemaña uns días despois, o 9 de xuño de 1929, nun encontro disputado tamén en Barcelona, pero nesta ocasión no Estadio de Les Corts, e que rematou cun 15-24 a prol dos visitantes.[7] Naquel encontro xogaron: Vilaspasa; Sabrás, Bori, Garrigosa, Bisbal; Blasco, Ros; Baides, Deu, Massoni; Aguilar, Carreras; Fusté, Ruiz, Fontanella.

PalmarésEditar

O XV do León nas Copas do Mundo:

  • 2019: Non se clasificou
  • 2015: Non se clasificou
  • 2011: Non se clasificou
  • 2007: Non se clasificou
  • 2003: Non se clasificou
  • 1999: Xogou e perdeu fronte a Uruguai, Escocia (vixente campión do 6 Nacións) e Suráfrica (vixente campión da Copa do Mundo)
  • 1995: Non se clasificou
  • 1991: Non se clasificou
  • 1987: Non foi convidada

O XV do León no "Seis Nacións B":

XogadoresEditar

 
Encontro entre os XV de España e Portugal no estadio de San Lázaro en 2013.
XV do León no Mundial 1999
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
  •   Jordi Camps - 1ªL
  •   José Ignacio Zapatero - 1ªL
  •   Víctor Torres - 1ªL
  •   Luis Javier Martínez - 1ªL
  •   Fernando de la Calle - Tal
  •   Diego Zarzosa - Tal
  •   José Miguel Villaú - 2ªL
  •   Steve Tuineau - 2ªL
  •   Sergio Souto - 2ªL
  •   Alberto Malo - 3ªL
  •   Carlos Souto - 3ªL
  •   Óscar Astarloa - 3ªL
  •   José Díaz - 3ªL
  •   Aratz Gallastegi - Med
  •   Jaime Alonso - Med
  •   Andrei Kovalenco - Ape
  •   Aitor Etxebarría - Ape
  •   Fernando Díez - Cen
  •   Alvar Enciso - Cen
  •   Rafael Bastide - Cen
  •   Alberto Socías - Cen
  •   Sebastián Loubsens - Cen
  •   Oriol Ripoll - Á
  •   Antonio Socías - Á
  •   José Ignacio Inchausti - Á
  •   Miguel Ángel Frechilla - Á
  •   Francisco Puertas - Zag
  •   Ferrán Velazco - Zag
Adestrador
  • -

Asistente do adestrador

  • -

Lenda:
  • (C) - Capitán

Data: -

XV do León na actualidade
Xogadores Corpo técnico
  •   David Gurgenazde - 1ªL
  •   Anthony Pradalie - 1ªL
  •   Jesús Moreno - 1ªL
  •   Jon Insausti - 1ªL
  •   Fabien Rofes - Tal
  •   Mathieu Cidré - Tal
  •   Beñat Auzqui - Tal
  •   Tom Parker - 2ªL
  •   Jesús Recuerda - 2ªL
  •   Damien Elgoyhen - 2ªL
  •   Gautier Gibouin - 3ªL
  •   Martín Aceña - 3ªL
  •   Glen Rolls - 3ªL
  •   Mathieu Roca - 3ªL
  •   Federico Negrillo - 3ªL
  •   Mathieu Visensang - 3ªL
  •   Pablo Feijoo - Med
  •   Adrien Ayestarán - Med
  •   Charlie Malie - Ape
  •   Pierre Belzunce - Ape
  •   Jeremías Palumbo - Ape
  •   Martín Heredia - Cap - Cen
  •   Javier Canosa - Cen
  •   Juan Cano - Cen
  •   Carlos Blanco - Cen
  •   Ignacio Martín - Á
  •   Sebastien Ascarat - Á
  •   Ryan Le Roux - Á
  •   Pedro Martín - Zag
  •   César Sempere - Zag
Adestrador
Lenda:
  • Cap - Capitán

Data: 19 de novembro de 2011
Fontes: Convocatoria fronte Uruguai
Fontes: Encontro fronte Uruguai

Xogadores con máis encontrosEditar

Xogador Encontros Posición
Francisco José Puertas Soto 93 Zagueiro
Jaime Nava de Olano (en activo) 79 3ª liña
Jon Azkargorta Aretxabala 76 Centro
José Julio Álvarez Ruiz de Temiño 75 Pilier
Alberto Malo Navío 74 2ª liña
Álvar Enciso Fernández Valderrama 70 Centro
Pablo Feijoo Ugalde 67 Medio melé
Salvador Torres Ortega 60 Á
Jaime Gutiérrez Merelles 60 3ª liña
Manuel Moriche Mostajo 59 Apertura
Ferrán Velazco Querol 59 Zagueiro
Javier Díaz Paternaín 59 Medio melé
Javier Salazar Lizarraga 59 Pilier
César Sempere Padilla (en activo) 56 Zagueiro
Fernando de la Calle Pozo 52 Talonador
Iván Criado Garrachana 52 3ª liña
Javier Canosa Schack (en activo) 52 Centro
Sergio Souto Vidal 51 2ª liña
Carlos Souto Vidal 50 3ª liña
Alfonso Mata Suárez 50 Nº8

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar