Santiago Santos Muñoz

(Redirección desde «Santiago Santos»)

Santiago Santos Muñoz, nado o 11 de outubro de 1961 en Madrid, é un ex xogador de rugby, internacional 45 veces coa selección española entre 1980 e 1992. Xogaba na primeira liña. Dende o ano 2013 exerce como seleccionador nacional.

Santi Santos
Información persoal
Nome completo Santiago Santos Muñoz
Nacemento 11 de outubro de 1961 (62 anos)
Lugar Madrid, España
Posición Pilier
Carreira sénior
Anos Equipos
1979-1984 España Canoe N.C.
1984-???? España C.R. Liceo Francés
Selección nacional
1980-1992 España España 45 caps

Traxectoria editar

Santos debutou no Canoe con 18 anos. En 1984 houbo unha desbandada de xogadores que deixaron o club e marcharon ó Liceo Francés, no que xogou o resto da súa carreira, inicialmente na segunda división, e finalmente na máxima categoría. Aquel equipo do Liceo foi subcampión de liga en 1990/91 e 1992/93, e subcampión de copa na 1988/89. Trala súa retirada como xogador comezou a súa carreira como adestrador, que exerceu no Liceo, no M.A.R.U. e no Cisneros. Na tempada 2001/02 dirixiu ó M.A.R.U. na conquista do título de liga. En 2013 foi elixido seleccionador nacional.

Datos persoais editar

Mestre de profesión en Alcalá de Henares, é curmán do exfutbolista Emilio Butragueño Santos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar