Carlos Souto Vidal

xogador de rugby español

Carlos Souto Vidal, nado o 4 de novembro de 1976 en Oviedo, é un ex xogador de rugby internacional 50 veces coa selección española. Cunha estatura de 1'91 metros e máis de 110 quilos, a súa posición no campo era a terceira liña.

Infotaula de personaCarlos Souto Vidal
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoFlanker (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1998-2010 Selección de rugby de España Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Formado no club Pilier de Grado, en 1993 foi fichado polo Oviedo Rugby Club no que xogou até 2001, ano no cal o equipo acadou o ascenso á División de Honra B. Ese mesmo ano marchou a Alcobendas para formar parte do proxecto profesional do MARU, que gañou a liga 2001/02 e foi subcampión ó ano seguinte. En 2003 fixo as maletas novamente para fichar polo Club de Rugby El Salvador de Valladolid no cal botou nove tempadas e gañou catro ligas e catro copas entre outros títulos. En 2012 volveu ó Oviedo Rugby Club no que se retirou.

Datos persoais

editar

Carlos Souto Vidal traballa na Garda Civil. O seu irmán xemelgo Sergio Souto Vidal tamén foi un xogador de rugby importante. Os dous estiveron na Copa do Mundo de Rugby 1999, a única na que participou a selección española.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar