Club de Rugby El Salvador
O Club de Rugby El Salvador é un equipo español de rugby, fundado en 1960 na cidade de Valladolid. Vixente campión de liga e copa, o seu palmarés é un dos máis salientables a nivel nacional, con 8 títulos de liga e 7 de copa entre outros.
Nome | Club de Rugby El Salvador | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Chamizos | ||
Fundación | 1960 | ||
Sede | Valladolid, España | ||
Estadio(s) | Campos de Pepe Rojo | ||
Capacidade | 5.000 asentos espectadores | ||
Presidente | Rian Butcher | ||
Adestrador | Juan Carlos Pérez | ||
Liga(s) | División de Honra | ||
2023-2024 | 4º | ||
| |||
Na rede | |||
https://www.rugbyelsalvador.com/ |
As cores clásicas do equipo son o negro e o branco, e os seus seareiros son coñecidos polo alcume de Chamizos.
É moi salientable a rivalidade que o Club de Rugby El Salvador mantén con outro equipo da cidade pucelana, o Valladolid Rugby Asociación Club (VRAC). Ámbolos dous equipos disputan os seus encontros como locais nos Campos de Pepe Rojo, unhas instalacións municipais inauguradas en 1981 con capacidade para acoller a 2500 persoas sentadas nas bancadas. Entre as tempadas 1997/98 e 2019/20 os dous equipos de Valladolid gañaron 17 das 23 ligas en xogo, e 11 das 22 copas en xogo, e teñen achegado a ducias dos seus xogadores á selección española, velaí a súa relevancia.
Historia
editarPrimeiros anos
editarGeorges Bernés (1921-2017), un relixioso francés que peregrinou a Santiago de Compostela en 1959, entrou ó ano seguinte no colexio El Salvador de Valladolid como mestre de ximnasia, e axiña comezou a ensinar a xogar a rugby ós rapaces no patio do colexio. Xa no primeiro ano de competición acadaron os campionatos de España nas categorías benxamín, alevín e infantil. Deste xeito, o equipo naceu cunha filosofía baseada no coidado da canteira.
O equipo sénior, formado poucos anos despois por antigos alumnos do colexio, acadou o ascenso á máxima categoría do rugby nacional en 1970, e xa na súa primeira tempada saíu subcampión de liga, só por detrás do gran Real Canoe Natación Club madrileño, ante o cal tamén caeu na final da Copa do Rei. O equipo mantivo o seu gran nivel competitivo nas seguintes dúas tempadas, acadando un novo subcampionato de liga na tempada 1971-1972 e o terceiro posto na tempada 1972-1973.
Malia todo, a dirección do colexio tomou en 1973 a decisión de cederlle os dereitos deportivos do primeiro equipo sénior á Universidade de Valladolid, cuxa sección deportiva chegaría a competir en 14 das 16 seguintes tempadas na División de Honra, sen éxitos salientables.
Resurrección
editarLuis Labajos de Asua, xogador do equipo en tempos de Bernés, tomou a responsabilidade de resucitar o equipo, partindo de novo dende as categorías inferiores cos alumnos do colexio, e formando posteriormente un equipo sénior que tivo que medrar dende a liga rexional. A volta á elite do rugby nacional foi un camiño lento. En 1978 o equipo acadou o ascenso á categoría de prata, que por aquel entón era a Primeira Nacional. Durante 8 tempadas o Club de Rugby El Salvador competiu nesa categoría acadando bos resultados, e rematando case sempre entre os 3 primeiros clasificados do seu grupo. Foi durante eses anos cando se fixeron os campos de Pepe Rojo, que pasarían a ser o novo fogar do equipo.
O agardado ascenso chegou en 1986, e xa na tempada 1987/88 amosou a súa recuperación total acadando o 3º posto definitivo na táboa. Despois de obter un 5º posto ó ano seguinte, na tempada 1989/90 o El Salvador colleitou o subcampionato de liga por detrás do Club Deportivo Arquitectura madrileño, que por aqueles anos dominaba a competición xunto á Unió Esportiva Santboiana.
Pero aquilo non era todo. Na tempada 1990/91 o Club de Rugby El Salvador liderou a clasificación da liga de comezo a fin, gañando por vez primeira o torneo de liga, e sen perder ningún encontro. Como campión de liga, o club tivo a honra de representar a España na edición 1991/92 da Copa Ibérica, enfrontándose ó campión portugués, o Sport Lisboa e Benfica, ó que venceu por 13-0, facéndose co seu primeiro título internacional. Na tempada 1992/93 o equipo acadou a súa primeira Copa do Rei, batendo nesta ocasión ó Getxo Rugby Taldea por 13-6. Así pois, trala súa volta á máxima categoría do rugby español, o El Salvador gañou neses tres primeiros anos da década dos noventa as tres competicións oficiais que existían daquela: a División de Honra, a Copa do Rei e a Copa Ibérica.
Dende o profesionalismo
editarTrala declaración do profesionalismo do rugby, que foi proclamada pola IRB en 1995, os equipos acadaron o dereito de pagarlle ós seus xogadores por xogar. Isto tiña que favorecer ós clubs cunha mellor situación económica e cunha maior implantación social. Malia iso, a primeira tempada do CR El Salvador no marco do novo rugby profesional foi moi mala, e rematou co descenso de categoría, o primeiro que padeceu o club por méritos deportivos na súa historia. Na seguinte tempada, a 1996/97, o club fíxose co primeiro posto na Primeira División Nacional, acadando o ascenso á máxima categoría ó primeiro intento.
Entón, na tempada 1997/98, aquel equipo acadou un fito no rugby español, gañando a liga no seu primeiro ano de volta á División de Honra, axudado pola capacidade anotadora de ensaios de Asís García, que liderou a táboa da competición. Despois deste segundo título de liga para o club, na seguinte tempada o seu palmarés medrou cunha nova Copa Ibérica ó bater ó AEIS Técnico portugués por 29-15, e cunha nova Copa do Rei ó bater ó Real Canoe na final por 27-19.
Nos seguintes anos, movidos polo semiprofesionalismo practicado no club, chegaron ó CR El Salvador varios novos xogadores chegados denda Arxentina, salientando Esteban Roqué. Dous subcampionatos de liga e un subcampionato de copa despois, nas tempadas 2002/03 e 2003/04 o equipo gañou a liga amosando unha gran superioridade. Só era o comezo dunha década, a primeira do século XX, que sería a máis importante da historia desta entidade deportiva. Entre as tempadas 2001/02 e 2009/10 El Salvador acadou 5 campionatos de liga e 4 subcampionatos, así como 3 títulos de copa, converténdose no equipo de rugby de referencia en España.
SIR e Vacceos
editarEn 2009 naceu un proxecto de competición 100% profesional baseado nun sistema de liga pechada composta de franquías. A idea era que as franquías fosen creadas sobre a base dos principais clubs de rugby de España. A Liga Superibérica, coñecida popularmente como SIR, tivo finalmente unha soa edición, nese mesmo ano 2009, e contou con 6 equipos. Un deles foi Vacceos Cavaliers, con sede en Valladolid, que tivo un cadro de xogadores e técnicos que pertencían principalmente ó CR El Salvador. Malia que o equipo acadara o subcampionato de División de Honra na tempada 2008/09, na SIR os Vacceos remataron no 5º posto. A Liga Superibérica non tivo máis edicións.
Débeda económica
editarNos últimos anos o club chamizo tivo que facer fronte a unha débeda herdada dos anteriores xestores, o cal provocou unha mingua na capacidade competitiva do primeiro equipo, que coincidiu co mellor momento deportivo do seu principal rival na cidade, o VRAC, que aproveitou moi ben o tempo gañando seis ligas entre a tempada 2011/12 e 2017/18. Nese tempo El Salvador conquistou a Liga Nacional de División de Honra e a Copa do Rei no ano 2016 cando non era favorito en ningunha das dúas finais, sendo moi celebrada esa Copa pola presenza do rei Filipe VI nun Estadio José Zorrilla cheo con 26.100 seareiros.
Dirixentes
editarDende a súa fundación en 1960 o Club de Rugby El Salvador tivo sete presidentes.
Patrocinador principal
editarDende o seu ascenso á División de Honra en 1986 o Club de Rugby El Salvador leva o nome do seu patrocinador principal pegado ó nome propio por razóns comerciais.
Patrocinador principal do Salvador
|
Palmarés
editarCompeticións nacionais
editar- Posición do Club de Rugby El Salvador nas competicións nacionais dende 1970
Categoría | 2020 | 19 | 18 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 | 5 | 2 | 4 | 7 | 3 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | 2 | 1 | 1 | 2 | 7 | 2 | 5 | 1 | 9 | 6 | 3 | 7 | 6 | 1 | 2 | 5 | 3 | 8 | 3 | 2 | 2 | |||||||||||||||
Div.HonraB | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 1 | 2 | 1 | 6 | 3 | 2 | 3 | 2 | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Copa | ? | 2 | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 |
A División de Honra comezou a disputarse en 1970. Trala tempada 1972-73, El Salvador deixou a competición ligueira por problemas económicos. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º. A final de copa de 1971 foi a primeira final que disputou El Salvador.
- Tempadas completadas na División de Honra
- Con 51 tempadas: UE Santboiana
- Con 37 tempadas: CR Cisneros
- Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo
- Con 34 tempadas: Getxo RT
- Con 32 tempadas: VRAC
- Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias
- Con 23 tempadas: FC Barcelona
- Con 22 tempadas: RC Valencia
- Outros.
Categoría sénior
editarDe seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia, baixo as varias denominacións coas que ten competido:
- Liga Española de rugby: 8 títulos.
- Copa do Rei de rugby: 7 títulos.
- 1ª posición: 1992/93, 1998/99, 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2010/11, 2015/16
- 2ª posición: 1970/71, 1999/00, 2007/08, 2011/12, 2016/17, 2017/18
- Copa Ibérica de rugby: 5 títulos.
- 1ª posición: 1991/92, 1998/99, 2003/04, 2004/05, 2016/17
- 2ª posición: -
- Supercopa de España de rugby: 6 títulos.
- 1ª posición: 2003/04, 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2007/08, 2018/19
- 2ª posición: 2010/11, 2011/12, 2016/17
Competicións europeas
editarO Club de Rugby El Salvador é o equipo español cun maior número de participacións nas competicións europeas. Malia todo, nunca participou na máxima competición europea, a Champions Cup, reservada para equipos ingleses, franceses, galeses, escoceses, irlandeses e italianos; nin foi quen de clasificarse nunca para uns cuartos de final das outras competicións continentais secundarias. A primeira das súas participacións foi na tempada 2003/04, na que primeiro disputou a fase previa da European Challenge Cup, sendo eliminado, polo cal disputou a European Shield, na que tampouco tivo éxito.
Competición | Títulos | 20 | 19 | 18 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Champions | - |
Competición | Títulos | 20 | 19 | 18 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Challenge | 0 | g | g | g | ⅛ | p |
Competición | Títulos | 20 | 19 | 18 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Shield | 0 | g | g | ⅛ |
- ⅛ = Oitavofinalista; g = Caeu na fase de grupos; p = Caeu nunha fase previa á competición.
Tempada actual
editar- Artigo principal: División de Honra de Rugby 2019-2020.
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | SEMIFINAIS | VRAC | 68 | 17 | 14 | 1 | 2 |
1º. | SEMIFINAIS | El Salvador | 66 | 17 | 14 | 0 | 3 |
3º. | CUARTOS FINAL | Alcobendas | 56 | 17 | 12 | 0 | 5 |
4º. | CUARTOS FINAL | Ordizia | 55 | 17 | 11 | 1 | 5 |
5º. | CUARTOS FINAL | Santboiana | 43 | 17 | 9 | 1 | 7 |
6º. | CUARTOS FINAL | Barcelona | 42 | 17 | 8 | 3 | 6 |
7º. | PERMANENCIA | Independiente | 39 | 17 | 8 | 1 | 8 |
8º. | PERMANENCIA | Aparejadores | 35 | 17 | 7 | 2 | 8 |
9º. | PERMANENCIA | Ciencias | 26 | 17 | 5 | 0 | 12 |
10º. | PERMANENCIA | Cisneros | 25 | 17 | 5 | 0 | 12 |
11º. | PROMOCIÓN | Santander | 23 | 17 | 3 | 1 | 13 |
12º. | DESCENSO | Hernani | 8 | 17 | 1 | 0 | 16 |
Xogadores
editarA seguinte táboa amosa os xogadores que formaron parte do primeiro equipo do El Salvador na tempada 2016-17.[1]
Club de Rugby El Salvador | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores do primeiro equipo | Corpo técnico | ||||||||
|
|
Adestrador
Data: 21 de marzo de 2017 |
Notas
editar- ↑ Roster: Silverstorm El Salvador Arquivado 04 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Site oficial Arquivado 08 de setembro de 2008 en Wayback Machine.
- Federación Española de Rugby