Associação de Estudantes do Instituto Superior Técnico
O Clube de Rugby do Técnico é un club de rugby da cidade de Lisboa que compite na Divisão de Honra, a máxima categoría deste deporte en Portugal.
Nome | Clube de Rugby do Técnico | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Engenheiros | ||
Fundación | 1963 | ||
Sede | ![]() | ||
Estadio(s) | Campo das Olaias | ||
Capacidade | 1000 espectadores | ||
Liga(s) | Divisão de Honra | ||
2017-18 | 8º (permanencia) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.tecnico-rugby.com/ |
Historia Editar
O Técnico foi fundado en maio de 1963 por un cuarteto de xogadores de rugby formado por Alfredo Santos, José Metelo, José Luis Steiger e Pedro Ribeiro, inspirados nos exemplos das outras seccións existentes de voleibol, baloncesto e balonmán do Instituto Superior Técnico (IST). O primeiro encontro oficial do Técnico remóntase ó 15 de decembro de 1963 no campo principal do Estadio Nacional de Jamor, pertencente ó Campionato Nacional de Segunda División, fronte ó Grupo Desportivo Guerin, con resultado de 30-0 a prol dos engenheiros. Nese mesmo ano venceron no primeiro Campionato Nacional de Juniores. Ó ano seguinte o primeiro equipo gañou o Campionato Nacional de Segunda División.
Consolidado como un dos equipos habituais na Divisão de Honra portuguesa, o club acadou dous títulos de liga nas tempadas 1980/81 e 1997/98, converténdose nun dos referentes do rugby portugués, no cal so existen oito clubs campións de liga. A ese palmarés hai que sumar as catro edición da Taça de Portugal que gañou en 1969, 1971, 1973 e 1994; e a Super Taça que gañou en 1994.
O seu terreo de xogo é o Campo das Olaias, que foi inaugurado o 22 de maio de 1993, malia que so puido ser empregado dous anos antes da súa destrución en maio de 1995 por mor dunhas reformas urbanas, tendo que volver a ser construído de novo e reinaugurado en xaneiro de 1998.
Palmarés Editar
- 1981, 1998
- 1969, 1971, 1973, 1994
- Super Taça: 1
- 1994
Tempada actual Editar
O formato de competición consiste nunha liga regular de oito equipos, xogando cada un dos equipos contra todos os demais, a dúas voltas, totalizándose catorce xornadas. Cando remate a liga regular os dous primeiros equipos da táboa disputarán a final do campionato, e o derradeiro clasificado descenderá de categoría.
- Artigo principal: Campionato Portugués de Rugby 2018-2019.
- Táboa actualizada o 19/05/2019. Fonte
- O Académica de Coimbra rematou na última posición polo que perdeu a súa praza na máxima categoría.
- O RC Montemor acadou o ascenso directo á máxima categoría batendo ó SL Benfica na final da segunda división por 17-11.
- Final
O Agronomia acadou o seu segundo campionato de liga batendo na final ó Belenenses por 10-18 na final disputada no campo do GD Direito.
Belenenses | 10 - 18 | Agronomia | 18 de maio de 2019 – Monsanto, Lisboa |