Grupo Dramático Sportivo Cascais
O Grupo Dramático e Sportivo Cascais é un club de rugby portugués da localidade de Cascais. O seu xogador Paulo Murinello xogou coa Selección de rugby de Portugal na Copa do Mundo de Rugby 2007. Actualmente compite no Campionato portugués de rugby, a máxima competición do rugby portugués.
Palmarés Editar
- 4 Copas de Portugal: 1987, 1991, 1992 e 1993.
- 3 Copa Ibérica: 1993, 1994 e 1997
Tempada actual Editar
O formato de competición consiste nunha liga regular de oito equipos, xogando cada un dos equipos contra todos os demais, a dúas voltas, totalizándose catorce xornadas. Cando remate a liga regular os dous primeiros equipos da táboa disputarán a final do campionato, e o derradeiro clasificado descenderá de categoría.
- Artigo principal: Campionato Portugués de Rugby 2018-2019.
- Táboa actualizada o 19/05/2019. Fonte
- O Académica de Coimbra rematou na última posición polo que perdeu a súa praza na máxima categoría.
- O RC Montemor acadou o ascenso directo á máxima categoría batendo ó SL Benfica na final da segunda división por 17-11.
- Final
O Agronomia acadou o seu segundo campionato de liga batendo na final ó Belenenses por 10-18 na final disputada no campo do GD Direito.
Belenenses | 10 - 18 | Agronomia | 18 de maio de 2019 – Monsanto, Lisboa |