Campeonato Português de Rugby
O Campionato Portugués de Rugby é a liga de rugby de Portugal. A Divisão de Honra, chamada Campeonato Super Bock por razóns de patrocinio, é a máxima categoría sénior masculina. O torneo naceu na tempada 1958/59, e na actualidade conta con 8 equipos. O club máis laureado é o CDUL, que gañou 20 títulos. O vixente campión é o Tecnico.
Campionato Nacional de Rugby | |
---|---|
Rexión | ![]() |
Equipos | 12 |
Organizador | FPR |
Sitio web | www.fpr.pt/ |
Historia Editar
A fundación da Federación Portuguesa de Rugby (FPR), o 23 de setembro de 1957, e a toma de posesión dos Corpos Sociais da Federación polo seu socio fundador, a Asociación de Rugby de Lisboa (ARL), terminando deste xeito a súa actividade en xullo de 1958, levaron a que a primeira edición do campionato portugués de rugby, chamado Campeonato de Portugal se realizase na tempada 1958-59; o campión foi o CF Os Belenenses. Nesa época, nove equipos sénior loitaran polo título, sendo catro universitarios e todos da rexión de Lisboa, coa excepción da Académica de Coimbra. Foi tamén nesa tempada na que tivo lugar a primeira edición da Copa de Portugal.
Novas categorías | |||
---|---|---|---|
Categorías | Idades | Ano de creación | |
Júniores | dos 17 aos 19 anos | 1963 | |
Xuvenís | dos 15 aos 16 anos | 1964 | |
Iniciados | dos 13 aos 14 anos | 1969 | |
Infantís | dos 11 aos 12 anos | 1973 | |
Benxamíns | dos 8 aos 10 anos | 1988 |
Nas décadas dos anos '60 e '70, viviuse un gran crecemento na práctica do rugby en Portugal; os clubs universitarios eran cada vez máis, e a implantación do rugby cara ao Norte e cara ao Sur de Lisboa foron determinantes. Despois de 1974, coa Revolución dos caraveis, á par doutras modalidades deportivas, o rugby ten un gran crecemento debido á creación de categorías inferiores, que posibilitaron a práctica deste deporte por parte dos máis xoves. En 1965, produciuse a primeira edición da Copa Ibérica que puña fronte a fronte aos campións e subcampións de Portugal e España.
Con todo, este crecemento coincidiu cun período, entre 1974 e 1979, no que os séniores deixaran de competir internacionalmente, atrasando o nivel competitivo da modalidade no país luso. A aposta nas seleccións nacionais dos máis xoves, e o contacto con equipos semellantes do estranxeiro, formaran unha vasta gama de bos xogadores, que nas décadas de 1980 e 1990 contribuísen para unha mellora da calidade do rugby portugués.
A partir de 1990 o rugby entrou nunha fase menos boa da súa evolución en Portugal; os impulsos na modalidade, nos anos 70 polo Estado, e despois, nos anos '80, polas asociacións de rugby nacionais, deixaran de ser tan abundantes. O reducido número de practicantes (eran 2008 en 1995, dos cales un terzo eran séniores) atrasou moito o desenvolvemento. A pesar das dificultades, nese ano a creación do rugby feminino e unha posible profesionalización da modalidade, veñen darlle un novo alento ao rugby portugués.
Palmarés Editar
Até a tempada 2004/05 o campión da liga era o primeiro clasificado na táboa. Dende que na tempada 2005/06 se instalou o sistema de eliminatorias polo campionato unha vez rematada a fase de liga regular (play-off) tan so dúas veces acadou o título o primeiro clasificado na táboa:
Pos. | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Belenenses | Agronomia | Agronomia | Agronomia | Agronomia | CDUL | CDUL | CDUL | Direito | CDUL | CDUL | Agronomia | Agronomia | Belenenses |
2º | Direito | Direito | CDUL | Direito | Direito | Direito | Agronomia | Belenenses | CDUL | Direito | Direito | Direito | Belenenses | Agronomia |
3º | Agronomia | CDUP | Belenenses | Belenenses | Belenenses | Agronomia | Direito | Direito | Tecnico | Tecnico | Cascais | CDUL | Cascais | Tecnico |
4º | Benfica | CDUL | Benfica | CDUL | CDUL | Belenenses | Academica | Agronomia | Agronomia | Cascais | Tecnico | Belenenses | Direito | CDUL |
5º | CDUP | Benfica | Direito | Benfica | Academica | Academica | Belenenses | CDUP | Belenenses | Agronomia | Agronomia | Cascais | CDUL | Direito |
6º | Tecnico | Belenenses | CDUP | CDUP | Benfica | Benfica | CDUP | Academica | Academica | Belenenses | Belenenses | Tecnico | Academica | CDUP |
7º | CDUL | Tecnico | Cascais | Tecnico | Tecnico | Tecnico | Benfica | Tecnico | Cascais | CDUP | CDUP | Academica | CDUP | Cascais |
8º | Academica | Cascais | Academica | Cascais | CDUP | CRAV | Tecnico | Cascais | CDUP | Academica | Academica | CDUP | Tecnico | Academica |
9º | - | - | - | - | - | - | - | CRAV | CRAV | CRAV | Lousa | Montemor | Montemor | - |
10º | - | - | - | - | - | - | - | Benfica | Montemor | Montemor | CRAV | Lousa | Benfica | - |
11º | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Lousa | - |
12º | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | Evora | - |
Campións Editar
Dende a creación da liga portuguesa de rugby só 8 equipos acadaron o título de campións.
- Títulos por club
Títulos | Club | Campionatos |
---|---|---|
20 | CDUL | 1964, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1971, 1972, 1974, 1978 1980, 1982, 1983, 1984, 1985, 1989, 1990, 2012, 2014, 2017 |
11 | Direito | 1999, 2000, 2002, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2015 2016 |
9 | Benfica | 1960, 1961, 1962, 1970, 1976, 1986, 1988, 1991, 2001 |
7 | Belenenses | 1959, 1963, 1973, 1975, 2003, 2008, 2018 |
6 | Cascais | 1987, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996 |
4 | Académica | 1977, 1979, 1997, 2004 |
3 | Tecnico | 1981, 1998, 2021 |
2 | Agronomia | 2007, 2019 |
- Campionato de Lisboa
A liga portuguesa naceu como sucesora da liga de Lisboa, que se viña disputando dende 1926.
|
|
|
A sección de rugby do "Atletico Futebol Clube" muda o seu nome a "Associação dos Estudantes de Agronomia" de xeito que é o mesmo equipo con dous nomes diferentes.
Tempada actual Editar
O formato de competición consiste nunha liga regular de oito equipos, xogando cada un dos equipos contra todos os demais, a dúas voltas, totalizándose catorce xornadas. Cando remate a liga regular os dous primeiros equipos da táboa disputarán a final do campionato, e o derradeiro clasificado descenderá de categoría.
- Artigo principal: Campionato Portugués de Rugby 2018-2019.
Pos. | Equipo | Puntos | X | G | E | P | P+ | P- | BO | BD | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | FINALISTA | Belenenses | 50 | 14 | 11 | 1 | 2 | 420 | 287 | 3 | 1 |
2º. | FINALISTA | Agronomia | 46 | 14 | 10 | 0 | 4 | 368 | 264 | 5 | 1 |
3º. | PERMANENCIA | Técnico | 45 | 14 | 9 | 0 | 5 | 419 | 245 | 6 | 3 |
4º. | PERMANENCIA | CDUL | 30 | 14 | 7 | 0 | 7 | 308 | 335 | 1 | 1 |
5º. | PERMANENCIA | Direito | 30 | 14 | 6 | 0 | 8 | 327 | 308 | 1 | 5 |
6º. | PERMANENCIA | CDUP | 24 | 14 | 5 | 1 | 8 | 267 | 388 | 1 | 1 |
7º. | PERMANENCIA | Cascais | 21 | 14 | 4 | 0 | 10 | 345 | 408 | 2 | 3 |
8º. | DESCENSO | Academica | 14 | 14 | 3 | 0 | 11 | 231 | 450 | 0 | 2 |
- Táboa actualizada o 19/05/2019. Fonte
- O Académica de Coimbra rematou na última posición polo que perdeu a súa praza na máxima categoría.
- O RC Montemor acadou o ascenso directo á máxima categoría batendo ó SL Benfica na final da segunda división por 17-11.
- Final
O Agronomia acadou o seu segundo campionato de liga batendo na final ó Belenenses por 10-18 na final disputada no campo do GD Direito.
Belenenses | 10 - 18 | Agronomia | 18 de maio de 2019 – Monsanto, Lisboa |