CF Os Belenenses
O Clube de Futebol Os Belenenses é un club polideportivo portugués de Belem, Lisboa. A súa sección de rugby xoga actualmente no Campionato portugués de rugby, a máxima categoría do rugby neste país. A parte de gañar varios títulos coma equipo, achegou cinco xogadores á Selección de rugby de Portugal na Copa do Mundo de Rugby 2007.
Nome | Clube de Futebol Os Belenenses | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1928 | ||
Sede | ![]() | ||
Estadio(s) | Restelo 2 | ||
Adestrador | Ricardo Sequeira | ||
Liga(s) | Campionato Portugués | ||
2011-12 | 5º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.belenensesrugby.com/ |
HistoriaEditar
A sección de rugby do Clube de Futebol Os Belenenses foi fundada o 30 de decembro de 1928, data na que xogaron o seu primeiro encontro fronte ao Benfica, ganándoo por 11-0.
PalmarésEditar
- Liga de Portugal: 6 títulos
- 1958-59, 1962-63, 1972-73, 1974-75, 2002-03, 2007-08
- Copa de Portugal: 3 títulos
- 1958-59, 1963-64, 2000-01
Tempada actualEditar
O formato de competición consiste nunha liga regular de oito equipos, xogando cada un dos equipos contra todos os demais, a dúas voltas, totalizándose catorce xornadas. Cando remate a liga regular os dous primeiros equipos da táboa disputarán a final do campionato, e o derradeiro clasificado descenderá de categoría.
- Artigo principal: Campionato Portugués de Rugby 2018-2019.
- Táboa actualizada o 19/05/2019. Fonte
- O Académica de Coimbra rematou na última posición polo que perdeu a súa praza na máxima categoría.
- O RC Montemor acadou o ascenso directo á máxima categoría batendo ó SL Benfica na final da segunda división por 17-11.
- Final
O Agronomia acadou o seu segundo campionato de liga batendo na final ó Belenenses por 10-18 na final disputada no campo do GD Direito.
Belenenses | 10 - 18 | Agronomia | 18 de maio de 2019 – Monsanto, Lisboa |