Selección de rugby de Portugal
A Selecção Portuguesa de Râguebi, tamén coñecida coma Os Lobos, representa a Portugal nas competicións internacionais desta modalidade deportiva. O seu primeiro partido foi disputado en 1935 ante a España. Nos últimos anos Portugal ten acadado resultados de relevo, como a vitoria no Torneo Europeo das Nacións de 2002-2004, ou a participación na fase final da Copa do Mundo de Rugby 2007. Estes bos resultados permitiron que a selección ascendese, a mediados de 2005, ao 13º lugar do ránking mundial de World Rugby. A selección portuguesa forma parte do grupo de países incluídos na segunda división do rugby a nivel mundial.
Portugal | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Os Lobos | ||
Emblema | Escudo portugués | ||
Unión | Federação Portuguesa de Rugby | ||
Adestrador | Patrice Lagisquet | ||
Capitán | Salvador Vassalo | ||
Mais caps | Vasco Uva (101) | ||
Máis ensaios | António Aguilar (24) | ||
Estadio | Estádio de Honra (8 000) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 24 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 13 (2005) | ||
Mínimo | 30 (2015) | ||
Estrea internacional | |||
Portugal 5−6 España Lisboa, Portugal; 13 de abril de 1935 | |||
Maior vitoria | |||
Portugal 93−0 República Checa Caldas da Rainha, Port.; 23 de marzo de 2019 | |||
Maior derrota | |||
Portugal 13−108 Nova Zelandia Lión, Francia; 15 de setembro de 2007 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 1 (primeira en 2007) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (2007) |
Competicións
editarPortugal tivo un éxito inesperado ao vencer no Torneo Europeo das Nacións de 2002-2004. Os portugueses mantiveron os bos resultados nos anos seguintes, tendo acabado en terceiro lugar na edición de 2004-2006, o que abriu o camiño para o acceso, por primeira vez, á Copa do Mundo de Rugby de 2007. Portugal participou na edición 2008-10, que permite igualmente a clasificación para o Campionato do Mundo de 2011 en Nova Zelandia.
Ano | X | V | E | D | +/- | Pts | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2000 | 4 | 1 | 0 | 3 | 65-97 | 5 | 4.º |
2001 | 5 | 1 | 0 | 4 | 77-165 | 7 | 5.º |
2001-02 | 10 | 3 | 0 | 7 | 170-295 | 16 | 5.º |
2003-04 | 10 | 9 | 0 | 1 | 245-180 | 28 | 1.º |
2005-06 | 10 | 6 | 1 | 3 | 23 | 3.º | |
2007-08 | 10 | 3 | 0 | 7 | 174-196 | 20 | 5.º |
Copa das Nacións
editarPortugal participou en 2006 na primeira edición da Copa das Nacións da IRB, enfrontándose á Rusia, á Arxentina A e á Italia A. A Copa das Nacións da IRB é un evento anual de nivel medio organizado pola IRB con seleccións internacionais.
Partidos de Portugal:
- 13 de xuño: Portugal 17 - 27 Rusia
- 18 de xuño: Portugal 26 - 26 Italia A
- 24 de xuño: Portugal 19 - 24 Arxentina A
Os partidos foron disputados no Estádio Universitário de Lisboa.
Portugal clasificouse por primeira vez, e de xeito sorprendente, na a Copa do Mundo de rugby de 2007, organizada por Francia e Gales, logo de ser repescada tras vencer ás seleccións de Marrocos e o Uruguai.
Partidos de Portugal:
- 9 de setembro: Escocia 56 - 10 Portugal
- 15 de setembro: Nova Zelandia 108 - 13 Portugal
- 19 de setembro: Italia 31 - 5 Portugal
- 25 de setembro: Romanía 14 - 10 Portugal
Partidos Internacionais de novembro
editarAo igual que a meirande parte das seleccións da modalidade, a Selección Portuguesa de Rugby disputa partidos amigables de preparación fronte a seleccións do hemisferio Sur. Durante o mes de novembro de 2009.
Os partidos internacionais, designados "Super Bock Cup", tiveron lugar no Estádio Universitário de Lisboa. Os resultados foron os seguintes:
- 7 de novembro: Portugal 9 - 12 Namibia
- 21 de novembro: Portugal 13 - 24 Arxentina Xaguares
- 28 de novembro: Portugal 19 - 24 Tonga