Selección de rugby da Arxentina

A Selección de rugby da Arxentina, máis coñecida como Los Pumas, é a selección nacional de rugby da Arxentina. Actualmente, a pesar de que a Unión Arxentina de Rugby non posúe unha liga profesional, situación que cambiará no 2009, ocupa o quinto posto na clasificación mundial da IRB[1]. Actualmente, segundo esa clasificación, é a mellor selección de rugby en todo o continente americano, gañando ate o momento en tódalas cinco edición disputadas do Campionato Panamericano de rugby e a integridade dos vinte e oito Campionatos Suramericanos que xogou excepto un en 1981, gañado por Uruguai.

Arxentina
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Os Pumas
EmblemaXaguar
UniónUnión Argentina de Rugby
AdestradorMario Ledesma
CapitánPablo Matera
Mais capsAgustin Creevy (148)
Máximo anotadorNicolás Sánchez (655)
Máis ensaiosJosé Núñez Piossek (30)
EstadioJosé Amalfitani (49 540)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual10 (2 de decembro de 2019)
Máximo3 (2008)
Mínimo12 (2014)
Estrea internacional
Arxentina Flag of Argentina.svg 3−28 Lions Illas Británicas
Buenos Aires, Arxentina; 12 de xuño de 1910
Maior vitoria
Arxentina Flag of Argentina.svg 152−0 Paraguai Paraguai
Mendoza, Arxentina; 1 de maio de 2002
Maior derrota
Nova Zelandia Nova Zelandia 93−8 Arxentina Arxentina
Wellington, Nova Zelandia; 21 de xuño de 1997
Copa do Mundo
Participacións8 (primeira en 1987)
Mellor resultado3º (2007)

Os Pumas disputaron até o mes de outubro de 2007 a suma de 279 partidos, dos cales gañaron 167, perderon 106 e empataron 6, o que dá un 59.86% de eficacia. Arxentina ostenta dúas marcas mundiais: son o equipo coa maior serie de vitorias consecutivas (20 entre 1960 e 1974) e posúen a maior marxe de puntos fronte a un rival (152 a 0 fronte a Paraguai o 1 de maio de 2002). Fronte ás nacións consideradas potencias deste deporte, Arxentina bateu a todas polo menos unha vez, coa excepción de Suráfrica e Nova Zelandia. O seu mellor resultado contra os All Blacks foi un empate obtido en 1985 en Buenos Aires, no estadio de Ferro Carril Oeste.

RexistrosEditar

Copa do Mundo de RugbyEditar

Participacións da Arxentina na Copa do Mundo.

Edición Organizador Posto
1987   Nova Zelandia e   Australia Primeira fase
1991   Inglaterra[2] Primeira fase
1995   Suráfrica Primeira fase
1999   País de Gales[3] 1/4 Finalista
2003   Australia Primeira fase
2007   Francia[4] Terceiro
2011   Nova Zelandia 1/4 Finalista
2015   Inglaterra[5] -

The Rugby ChampionshipEditar

   
Arxentina
 
Australia
 
Nova Zelandia
 
Suráfrica
Torneos 4 20 20 20
Vitorias 0 4 13 3
Partidos xogados 21 93 93 93
Gañados 2 39 68 38
Empatados 1 2 1 2
Perdidos 18 52 24 53

NotasEditar

  1. IRB Ranking, consultado a 5 de abril de 2009 (en inglés)
  2. coa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
  3. coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
  4. coa asistencia de País de Gales e Escocia
  5. coa asistencia do País de Gales