CDUL
O Centro Desportivo Universitário de Lisboa, popularmente coñecido polo acrónimo CDUL, é unha entidade polideportiva da capital portuguesa, Lisboa. Fundado en 1952, o CDUL acadou os seus éxitos máis salientables no rugby, unha disciplina na que é o club máis laureado do país.
Nome | Centro Desportivo Universitário de Lisboa | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1952 | ||
Sede | ![]() | ||
Estadio(s) | Universitario de Lisboa | ||
Capacidade | 8000 espectadores | ||
Presidente | Lourenço Fernandes Thomaz | ||
Adestrador | Manuel Sommer Ribeiro | ||
Liga(s) | Campionato Portugués | ||
2011-12 | Campión | ||
| |||
Na rede | |||
http://cdul.blogspot.pt/ |
Palmarés editar
- Liga de Portugal: 18 títulos
- 1963-64, 1964-65, 1965-66, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1970-71, 1971-72, 1973-74, 1977-78, 1979-80, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1988-89, 1989-90, 2011-12
- Copa de Portugal: 6 títulos
- 1967-68, 1976-77, 1978-79, 1985-86, 1987-88, 1988-89
- Copa Ibérica: 2 títulos
- 1983-84, 1984-85
Tempada actual editar
O formato de competición consiste nunha liga regular de oito equipos, xogando cada un dos equipos contra todos os demais, a dúas voltas, totalizándose catorce xornadas. Cando remate a liga regular os dous primeiros equipos da táboa disputarán a final do campionato, e o derradeiro clasificado descenderá de categoría.
- Artigo principal: Campionato Portugués de Rugby 2018-2019.
- Táboa actualizada o 19/05/2019. Fonte
- O Académica de Coimbra rematou na última posición polo que perdeu a súa praza na máxima categoría.
- O RC Montemor acadou o ascenso directo á máxima categoría batendo ó SL Benfica na final da segunda división por 17-11.
- Final
O Agronomia acadou o seu segundo campionato de liga batendo na final ó Belenenses por 10-18 na final disputada no campo do GD Direito.
Belenenses | 10 - 18 | Agronomia | 18 de maio de 2019 – Monsanto, Lisboa |