Hernani Club de Rugby Elkartea

O Hernani Club de Rugby Elkartea é un club de rugby vasco da localidade guipuscoana de Hernani, que xoga na División de Honra B, a segunda categoría do rugby español.

Hernani
NomeHernani Club de Rugby Elkartea
Alcume(s)As toupas
Fundación1965
SedeHernani, Guipúscoa (Euskadi)
Estadio(s)Landare Toki, Hernani
Capacidade- espectadores
PresidenteJuan Rodríguez Laburu
AdestradorPatrick Polidori
CapitánIgor Genua
Liga(s)División de Honra
2012-1311º
Casa
Páxina web
www.hernanirugby.com

O campo onde disputa os seus partidos como local é o Landare Toki, e as súas cores son o branco, o verde e o vermello.

Historia[1]Editar

O Hernani Club de Rugby Elkartea foi fundado en 1965 en Hernani (Guipúscoa). Naceu debido a que un grupo de afeccionados ao rugby da localidade deciden crear este equipo para xogar a este deporte. Dada a xuventude do mesmo, o primeiro equipo do Hernani C.R.E. foi de categoría infantil que xogaba os seus partidos como local nun campo de area compartido co CD Hernani.

Dende 1966 o Hernani C.R.E. participou nas ligas rexionais, grupo Norte naquela época, e na liga de Segunda División, similar á División de Honra B actual, ata acadar o ascenso á División de honra na tempada 1977-78.

Tras varios anos de mellora e crecemento, o club chega a unha década de esplendor, a que comprende os anos dende 1978 a 1987, na que conseguen un subcampionato da Copa da FER, e catro subcampionatos da Liga Española de rugby. Tras estes éxitos, cúmprese un ciclo deportivo e descende de categoría, non só por motivos deportivos, senón tamén polas distintas reestruturacións que sufriu a liga española durante os anos '80 e '90 do século XX.

En 1987 perdeu a categoría e participou na 1ª Nacional, grupo Norte-Levante, xunto a vellos coñecidos. Logo de catro bos anos en 1ª División, a reestruturación de 1991 supuxo que o HCRE perdera a súa categoría nacional e baixara á Liga Vasca, ao perder o partido de promoción contra o RC Irún.

O club pasou 13 tempadas sen competir en categoría estatal, ata que na tempada 2003-04 conseguíu o ascenso á División de Honra B, categoría na que se mantén durante unhas tempadas, conseguindo a clasificación para os Play-Off de ascenso nas tempadas 2006-07 e 2008-09.

Cómpre salientar que o club conseguíu diversos títulos en tódalas categorías inferiores do rugby vasco e estatal ao longo da súa historia.

Na tempada 2010-11 o equipo competiu no Grupo 1 da División de Honra B, acadando a 4ª posición da clasificación final. Ó ano seguinte o club rematou primeiro na táboa do Grupo 1, e loitou co Club Alcobendas Rugby nunha eliminatoria de promoción que rematou coa vitoria vasca, acadando o Hernani o ascenso á máxima categoría do rugby español, na que competirá en 2012-13, 26 anos despois da súa última presenza.

PalmarésEditar

Posicións do Hernani Club de Rugby Elkartea nas competicións nacionais
Categoría 2014 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70
Div.Honra 11 10 10 2 2 2 2 x
Div.HonraB 1 4 1 2 4 2 4 3
1ªNacional 2 3 4 7 6 6 8 4 2 1 1 1 2 1
Copa

A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Tempada actualEditar

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS   El Salvador 92 22 18 2 2
2º. SEMIFINAIS   VRAC 89 22 18 1 3
3º. CUARTOS FINAL   Alcobendas 78 22 16 1 5
4º. CUARTOS FINAL   Ordizia 63 22 12 2 8
5º. CUARTOS FINAL   Aparejadores 59 22 11 0 11
6º. CUARTOS FINAL   Barcelona 57 22 11 1 10
7º. PERMANENCIA   Santboiana 57 22 10 1 11
8º. PERMANENCIA   Independiente 43 22 7 1 14
9º. PERMANENCIA   Hernani 41 22 7 0 15
10º. PERMANENCIA   Cisneros 39 22 5 1 16
11º. PROMOCIÓN   La Vila 38 22 6 0 16
12º. DESCENSO   Gernika 36 22 5 2 15

EliminatoriasEditar

Cuartos de final Semifinais Final
 5 de maio, Altamira (Ordizia)    11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)      25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] -   El Salvador  39
 [4º] -   Ordizia  38
 [4º] -   Ordizia  26  
 [5º] -   Aparejadores  31  
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] -   El Salvador  27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
   [2º] -   VRAC  39
 [3º] -   Alcobendas  34
 [3º] -   Alcobendas  12  
 [6º] -   Barcelona  20  
 [2º] -   VRAC  33  

NotasEditar

  1. "Historia del Hernani en euskera y castellano". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de xaneiro de 2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Outros artigosEditar