Club de Rugby Ciencias
O Club de Rugby Ciencias, Ciencias Rugby Sevilla ou, como se lle coñece actualmente, Cajasol Rugby Ciencias debido ao seu patrocinador principal (a caixa de aforros andaluza Cajasol), é un club de rugby da cidade andaluza de Sevilla, que xoga na máxima categoría do rugby en España, a División de Honra.
Nome | Club de Rugby Ciencias | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1972 | ||
Sede | Sevilla, España ![]() | ||
Estadio(s) | Estadio Olímpico de La Cartuja Sevilla, España | ||
Capacidade | 5000 espectadores espectadores | ||
Presidente | Francisco Alemán | ||
Adestrador | Paco González | ||
Capitán | Alejandro Ortega | ||
Liga(s) | División de Honra | ||
2012-2013 | 9º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.rugbyciencias.com | |||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Nos últimos anos, grazas ao proceso de semiprofesionalización do equipo, acadou grandes éxitos no terreo deportivo, gañando o ascenso á División de Honra dende a División de Honra B e, conseguindo no seu primeiro ano na categoría o segundo posto nunha liga regular de dez equipos.
Na tempada 2008-09, o club mudouse por razóns alleas ao club dende o Estadio Olímpico de La Cartuja ao Campo de San Pablo.
HistoriaEditar
O Club de Rugby Ciencias de Sevilla foi fundado en 1972 na Facultade de Ciencias (de aí o nome) da Universidade de Sevilla.
A etapa máis gloriosa deste club tivo lugar a principios dos anos '90. Entre 1992 e 1996, o club gañou os seus títulos máis importantes, dúas ligas de División de Honra, tres Copas do Rei e unha Copa Ibérica, na que gañou ao campión portugués, o Grupo Dramático Sportivo Cascais en 1995.
Tamén é destacable que numerosos xogadores formados, ou que pertenceron a este club foron internacionais por España en multitude de partidos, ao longo da súa historia.
PalmarésEditar
- Posicións do Club de Rugby Ciencias en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría | 2013 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 9 | 8 | 6 | 3 | 3 | 2 | 10 | 6 | 9 | 4 | 6 | 3 | 7 | 5 | 2 | 4 | 1 | 3 | 1 | 9 | 3 | 6 | 4 | 4 | x | x | |||||||||||||||
Div.HonraB | 1 | 1 | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 1 | 3 | 6 | 2 | 7 | 3 | 2 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Copa | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 |
A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
- Títulos
- 2 Ligas: 1992 e 1994
- 3 Copas do Rei: 1994, 1995 e 1996
- 1 Copa Ibérica: 1995
- 12 Copa FAR "Trofeo Felipe Del Valle"
- Tempadas completadas na División de Honra
- Con 51 tempadas: UE Santboiana
- Con 37 tempadas: CR Cisneros
- Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo
- Con 34 tempadas: Getxo RT
- Con 32 tempadas: VRAC
- Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias
- Con 23 tempadas: FC Barcelona
- Con 22 tempadas: RC Valencia
- Outros.
Tempada actualEditar
- Artigo principal: División de Honra B de Rugby 2018-2019.
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | CUARTOS DE FINAL | Ciencias | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
2º. | CUARTOS DE FINAL | Industriales | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
3º. | CUARTOS DE FINAL | Liceo Francés | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
4º. | PERMANENCIA | Arquitectura | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
5º. | PERMANENCIA | Jaén | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
6º. | PERMANENCIA | Marbella | 5 | 1 | 1 | 0 | 0 |
7º. | PERMANENCIA | Cisneros B | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 |
8º. | PERMANENCIA | Almería | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
9º. | PERMANENCIA | Alcobendas B | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
10º. | PERMANENCIA | Olímpico | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
11º. | PROMOCIÓN | CRC | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |
12º. | DESCENSO | Cáceres | 0 | 1 | 0 | 0 | 1 |