División de Honra de Rugby 2014-2015

(Redirección desde «Liga Española de rugby 2014-2015»)

A tempada 2014-2015 da División de Honra da liga española de rugby foi a 48ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou oficialmente o 13 de setembro de 2014, e contou con 22 xornadas de liga regular que deron paso á fase de eliminatorias polo título. A final disputouse o 31 de maio de 2015 nos Campos de Pepe Rojo de Valladolid, e nela enfrontáronse o VRAC e a Santboiana, gañando o equipo local por 19-8, acadando dese xeito o seu cuarto título de liga seguido, sexto do seu palmarés.

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra de Rugby 2014-2015
TipoDivisión de Honra de Rugby Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2014-2015 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoValladolid Rugby Asociación Club Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos137 Editar o valor en Wikidata

2015Editar o valor en Wikidata

Formato

editar

O torneo estivo composto por unha fase de liga regular e unha fase final. A liga regular constou de 22 xornadas. Na primeira volta cada equipo enfrontouse cos restantes 11, e na segunda volta repetiu os enfrontamentos, recibindo como local ós equipos que visitou na primeira volta, e visitando ós equipos que recibiu como local na primeira volta. Ó remate da liga regular, os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria disputaron a fase final. A fase final constou de 5 encontros, 2 de cuartos de final, 2 de semifinais, e 1 da final. Nos cuartos de final enfrontáronse entre si os equipos clasificados entre a 3ª e a 6ª posición da táboa, mentres que os 2 primeiros equipos da táboa agardaron en semifinais polos seus rivais. A final disputouse no estadio do equipo finalista mellor clasificado na liga regular.

O descenso de categoría foille imposto ó último equipo da táboa, mentres que o penúltimo equipo tivo a oportunidade de disputar unha eliminatoria fronte ó segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.

Clasificación

editar

A liga regular comezou oficialmente o 13 de setembro de 2014. A seguinte táboa amosa a clasificación da liga regular:

  División de Honra — Tempada 2014/15
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC BO BD
1º.   VRAC 94 22 19 0 3 681 394 15 3
2º.   Santboiana 91 22 19 0 3 757 428 14 1
3º.   Cisneros 81 22 16 0 6 702 444 16 1
4º.   Independiente 77 22 16 0 6 615 485 10 3
5º.   El Salvador 73 22 15 0 7 617 357 9 4
6º.   Gernika 49 22 9 1 12 468 572 7 4
7º.   Ordizia 45 22 9 0 13 507 534 6 3
8º.   CRC 37 22 7 1 14 353 558 3 4
9º.   Getxo 36 22 7 0 15 440 636 4 4
10º.   Hernani 33 22 6 0 16 374 598 4 5
11º.   Barcelona 31 22 4 1 17 472 615 6 7
12º.   Vigo 25 22 3 1 18 376 741 6 5

Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates. PF - Puntos anotados ou a puntos a favor. PC - Puntos encaixados ou puntos en contra.


<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En rosa      a posición de promoción de permanencia (11º).
En vermello      a posición de descenso directo (12º).


Cuartos de Final Semifinais Final
 17/5/2015, San Román, Santander    23/5/2015, Pepe Rojo, Valladolid      31/5/2015, Pepe Rojo, Valladolid
 1º.   VRAC  27
 4º.   Independiente  14
 5º.   El Salvador  10  
 5º.   El Salvador  16  
 24/5/2015, Baldiri Aleu, Sant Boi  1º.   VRAC  19
 17/5/2015, Central, Madrid
   2º.   Santboiana  8
 3º.   Cisneros  52
 3º.   Cisneros  13  
 6º.   Gernika  19  
 2º.   Santboiana  29  

Máximos anotadores

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar