Valladolid Rugby Asociación Club

(Redirixido desde "Valladolid RAC")

O Valladolid Rugby Asociación Club ou VRAC (denominado VRAC Quesos Entrepinares por razóns de patrocinio) é un club deportivo adicado ó rugby que foi fundado no ano 1986 na cidade de Valladolid, e que leva competindo na División de Honra dende a tempada 1991/92.

VRAC Quesos Entrepinares
NomeValladolid Rugby Asociación Club
Alcume(s)Queseros
Fundación1986
SedeValladolid, España
Estadio(s)Campos de Pepe Rojo
Capacidade2.500 asentos espectadores
PresidenteJosé María Valentín-Gamazo
AdestradorDiego Merino
CapitánPablo César Gutiérrez
Liga(s)División de Honra
2019-20Campión
Casa
Fóra
Páxina web
www.valladolidrac.com

O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Pepe Rojo da capital castelán leonesa, que ten capacidade para acoller a 2.500 persoas. Comparte estas instalacións co seu principal rival deportivo, o Club de Rugby El Salvador.

Por mor do seu tradicional patrocinador, unha empresa local adicada á fabricación de queixos, o equipo e mais os seareiros deste club son chamados "queseros".

HistoriaEditar

O club VRAC naceu na tempada 1986-87 cando algúns dos membros do CD Lourdes coñeceron a noticia de que a escola Lourdes da cidade de Valladolid ía deixar de apoiar o deporte do rugby. Entón crearon un novo equipo, que competiu por vez primeira na tempada 1987-88 ocupando a praza do CD Lourdes na 1ª Nacional.

Coa axuda económica dalgunha empresa local como Granja Conchita e Quesos Canal, o equipo mantivo a categoría e mesmo acadou o ascenso 4 anos despois para competir na División de Honra. Dende a súa primeira participación na máxima categoría do rugby español, o VRAC non descendeu nunca, de xeito que leva máis de 25 anos seguidos na elite nacional.

Os éxitos deportivos do VRAC consisten en dez títulos nacionais de Liga nos anos 1999, 2001, 2012, 2013, 2014, 2015, 2017, 2018, 2019 e 2020, cinco Copas do Rei nos anos 1998, 2010, 2014, 2015 e 2018, oito Supercopas nos anos 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2019, e catro Copas Ibéricas nos anos 2014, 2017, 2018 e 2019.

Presidentes do V.R.A.C.
Presidentes do V.R.A.C.
  •   Cristina Guilarte (dende 1986)
  •   Enrique Moral (dende 1990)
  •   Álvaro Abril (dende 1997)
       
  •   Miguel Pérez Alonso (dende 2004)
  •   José Luis Moral (dende 2008)
  •   José Antonio Garrote (dende 2012)
           
  •   José María Valentín-Gamazo (dende 2016)
           
[[|Leggi...]]
Adestradores do V.R.A.C.
Adestradores do V.R.A.C.
  •   Fernando de la Fuente (????-2002)
       
  •   Miguel Velasco (2002-2008)
  •   Daniel Bernard (2008-2008)
  •   Fernando de la Fuente (2008-2009)
  •   Miguel Velasco (2009-2011)
  •   Fernando de la Fuente (2011-2012)
     
  •   Lisandro Arbizu (2012-2013)
     
  •   Diego Merino (2013-)
               
[[|Leggi...]]

PalmarésEditar

De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia:

   
Trofeos de liga e copa.
Posicións do VRAC en competicións de liga e copa dende o ano da súa fundación
Categoría 20 19 18 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87
Div.Honra 1 2 1 2 1 1 1 1 1 5 4 4 4 4 6 4 3 3 5 1 5 1 4 4 7 3 4 10 10
Div.Honra B
1ª Nacional
Copa ? 1 2 1 1 2 2 1 2 2 1 2

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempadas completadas na División de Honra

Tempada actualEditar

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS   VRAC 68 17 14 1 2
1º. SEMIFINAIS   El Salvador 66 17 14 0 3
3º. CUARTOS FINAL   Alcobendas 56 17 12 0 5
4º. CUARTOS FINAL   Ordizia 55 17 11 1 5
5º. CUARTOS FINAL   Santboiana 43 17 9 1 7
6º. CUARTOS FINAL   Barcelona 42 17 8 3 6
7º. PERMANENCIA   Independiente 39 17 8 1 8
8º. PERMANENCIA   Aparejadores 35 17 7 2 8
9º. PERMANENCIA   Ciencias 26 17 5 0 12
10º. PERMANENCIA   Cisneros 25 17 5 0 12
11º. PROMOCIÓN   Santander 23 17 3 1 13
12º. DESCENSO   Hernani 8 17 1 0 16

XogadoresEditar

A seguinte táboa amosa o cadro dos xogadores que forman parte do primeiro equipo do V.R.A.C. na tempada 2015-16.[1]

Valladolid Rugby Asociación Club
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
Dianteiros
  •   Ignacio Castellote — Tal
  •   Stephen Barnes — Tal
  •   Haru Nakayama — Tal
  •   Pablo Miejimolle — Tal
  •   Ángel de la Calle — 1ªL
  •   Sergio Valverde — 1ªL
  •   Pablo Gutiérrez "Peisi" — 1ªL
  •     Danier Stohr — 1ªL / 2ªL
  •   Alberto Blanco — 1ªL / 2ªL
  •   Ignacio Molina — 2ªL
  •   Lucas Lastra — 2ªL / 3ªL
  •   Manuel Mora — 2ªL / 3ªL
  •   Stefano Tucconi — 3ªL
  •   Kalokalo Gavidi — 3ªL
  •   Troy Mangan — 3ªL
Tres cuartos
  •     Diego Gorosito — Med
  •   Pablo Gil — Med
  •   Manuel Sevillano — Med
  •   Gareth Griffiths — Ape
  •   Stephan Moir — Ape
  •   Álvaro Fernández — Ape
  •     Federico Castiglioni — Cen
  •     Álex Müller — Á / Cen
  •   Rodrigo López — Á
  •   Pedro de la Lastra — Á
  •   Guillermo Mateu — Á / Zag
  •   Nuno Penha — Zag
Director técnico
  •   Miguel Velasco

Adestrador

  •   Diego Merino

2º adestrador

  •   Alberto Rodríguez

Lenda:
  • 1ªL - Primeira liña
    Tal - Talonador
    2ªL - Segunda liña
    3ªL - Terceira liña
    Med - Medio de melé
    Ape - Apertura
    Á - Á
    Cen - Centro
    Zag - Zagueiro

NotasEditar

Véxase TaménEditar

Ligazóns ExternasEditar

Outros artigosEditar