División de Honra de Rugby 2020-2021

54 edición da División de Honor de Rugby de España

A tempada 2020-2021 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 54ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra de Rugby 2020-2021
TipoDivisión de Honra de Rugby Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2020-2021 Editar o valor en Wikidata
Número de edición54 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoValladolid Rugby Asociación Club Editar o valor en Wikidata

2021 Editar o valor en Wikidata

O torneo contou con doce equipos participantes: tres casteláns, dous vascos, dous cataláns, dous madrileños, un cántabro, un valenciano e un andaluz. O Getxo Rugby Taldea e o Club Polideportivo Les Abelles ocuparon as prazas que deixaron o Hernani Club de Rugby Elkartea (descendido) e o Club de Rugby Santander (renunciou).

Formato

editar

Por mor da pandemia da COVID o formato da competición foi modificado de xeito que o torneo quedou dividido en dúas fases anteriores ás eliminatorias. Na primeira fase os 12 equipos participantes se enfrontaron todos entre eles unha vez, completando unha volta de 11 xornadas. Ó remate desta primeira fase os seis primeiros equipos da táboa (do 1º ó 6º) pasaron ó Grupo A, e os seis últimos equipos da táboa (do 7º ó 12º) pasaron ó Grupo B. Na segunda fase os seis equipos de cada grupo se enfrontaron entre eles unha vez, completando unha volta de 5 xornadas. Os resultados e puntos acadados na primeira fase entre os equipos clasificados para o mesmo grupo foron arrastrados á segunda fase. Rematada a segunda fase o título se decidiu polo sistema de eliminatorias a partido único no que participaron os seis equipos do Grupo A e os dous primeiros do Grupo B, sendo os cuartos de final do seguinte xeito:

  • 1º Grupo A vs 2º Grupo B
  • 2º Grupo A vs 1º Grupo B
  • 3º Grupo A vs 6º Grupo A
  • 4º Grupo A vs 5º Grupo A

Nas semifinais se enfrontaron os vencedores así:

  • 1ª Eliminatoria vs 4ª Eliminatoria
  • 2ª Eliminatoria vs 3ª Eliminatoria

Na final se enfrontaron os gañadores das dúas semifinais. Tódolos encontros tiveron lugar no campo do equipo mellor clasificado na liga regular.

Primeira fase

editar

Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.

Posición Equipo Puntos PX PG PE PP
1º. GRUPO A Valladolid Rugby Asociación Club 47 11 10 0 1
2º. GRUPO A Club Alcobendas Rugby 42 11 9 0 2
3º. GRUPO A Club de Rugby El Salvador 39 11 8 0 3
4º. GRUPO A Ordizia Rugby Elkartea 37 11 8 0 3
5º. GRUPO A Club Deportivo Aparejadores Rugby Burgos 37 11 8 0 3
6º. GRUPO A Futbol Club Barcelona 34 11 7 0 4
7º. GRUPO B Unió Esportiva Santboiana 25 11 5 0 6
8º. GRUPO B Club de Rugby Cisneros 19 11 4 0 7
9º. GRUPO B Club Polideportivo Les Abelles 11 11 2 1 8
10º. GRUPO B Independiente Rugby Club 8 11 1 0 10
11º. GRUPO B Getxo Rugby Taldea 8 11 1 2 8
12º. GRUPO B Club de Rugby Ciencias 7 11 1 1 9
Resultados
25-10-2020 1ª xornada
49-14 Ordizia - Independiente
32-00 El Salvador - Aparejadores
18-12 Barcelona - Santboiana
06-35 Ciencias - VRAC
24-22 Les Abelles - Cisneros
39-06 Alcobendas - Getxo
29-11-2020 4ª xornada
31-29 Aparejadores - Alcobendas
50-19 Santboiana - Independiente
32-19 VRAC - Ordizia
08-27 Cisneros - El Salvador
15-26 Getxo - Barcelona
17-06 Les Abelles - Ciencias
10-01-2021 7ª xornada
25-29 Santboiana - VRAC
31-20 Aparejadores - Cisneros
25-32 Independiente - Getxo
36-12 Ordizia - Les Abelles
24-06 El Salvador - Ciencias
26-15 Alcobendas - Barcelona
31-01-2021 10ª xornada
27-18 Alcobendas - Cisneros
14-38 Getxo - VRAC
24-31 Les Abelles - Santboiana
19-36 Ciencias - Aparejadores
47-14 Barcelona - Independiente
37-23 El Salvador - Ordizia
01-11-2020 2ª xornada
10-31 Independiente - Alcobendas
27-24 Aparejadores - Ordizia
22-21 Santboiana - El Salvador
23-16 VRAC - Barcelona
18-12 Cisneros - Ciencias
14-14 Getxo - Les Abelles
13-12-2020 5ª xornada
39-22 Aparejadores - Santboiana
14-40 Independiente - VRAC
28-16 Ordizia - Cisneros
48-19 El Salvador - Getxo
51-21 Barcelona - Les Abelles
47-03 Alcobendas - Ciencias
17-01-2021 8ª xornada
19-20 VRAC - Alcobendas
35-16 Cisneros - Santboiana
05-51 Getxo - Aparejadores
18-39 Les Abelles - Independiente
03-28 Ciencias - Ordizia
28-29 Barcelona - El Salvador
21-02-2021 11ª xornada
51-18 Cisneros - Getxo
41-17 VRAC - Les Abelles
61-32 Santboiana - Ciencias
18-29 Aparejadores - Barcelona
22-26 Independiente - El Salvador
16-10 Ordizia - Alcobendas
22-11-2020 03ª xornada
03-55 Independiente - Aparejadores
41-25 Ordizia - Santboiana
13-20 El Salvador - VRAC
33-14 Barcelona - Cisneros
31-31 Ciencias - Getxo
56-06 Alcobendas - Les Abelles
20-12-2020 06ª xornada
14-31 Santboiana - Alcobendas
16-06 VRAC - Aparejadores
36-15 Cisneros - Independiente
29-46 Getxo - Ordizia
22-42 Les Abelles - El Salvador
11-28 Ciencias - Barcelona
24-01-2021 09ª xornada
33-14 VRAC - Cisneros
53-19 Santboiana - Getxo
21-00* Aparejadores - Les Abelles
21-28 Independiente - Ciencias
39-05 Ordizia - Barcelona
26-05 Alcobendas - El Salvador
  • Campión de inverno: VRAC.
  • O encontro Aparejadores vs Les Abelles da 9ª xornada non se xogou por mor da COVID.

Segunda fase

editar

Grupo A

editar
Posición Equipo Puntos PX PG PE PP
1º. CUARTOS DE FINAL Club Alcobendas Rugby 35 10 8 0 2
2º. CUARTOS DE FINAL Valladolid Rugby Asociación Club 31 10 7 0 3
3º. CUARTOS DE FINAL Club de Rugby El Salvador 22 10 5 0 5
4º. CUARTOS DE FINAL Ordizia Rugby Elkartea 20 10 4 0 6
5º. CUARTOS DE FINAL Futbol Club Barcelona 17 10 3 0 7
6º. CUARTOS DE FINAL Club Deportivo Aparejadores Rugby Burgos 14 10 3 0 7
Resultados
07-03-2021 12ª xornada
33-24 Aparejadores - El Salvador
21-15 Ordizia - VRAC
30-32 Barcelona - Alcobendas
18-04-2021 15ª xornada
25-17 VRAC - El Salvador
21-14 Alcobendas - Ordizia
39-33 Barcelona - Aparejadores
28-03-2021 13ª xornada
22-13 Alcobendas - Aparejadores
27-23 VRAC - Barcelona
20-18 El Salvador - Ordizia
25-04-2021 16ª xornada
10-27 El Salvador - Alcobendas
26-34 Aparejadores - VRAC
57-21 Barcelona - Ordizia
11-04-2021 14ª xornada
33-11 Alcobendas - VRAC
24-20 Ordizia - Aparejadores
39-19 El Salvador - Barcelona

Grupo B

editar
Posición Equipo Puntos PX PG PE PP
1º. CUARTOS DE FINAL Club de Rugby Cisneros 40 10 9 0 1
2º. CUARTOS DE FINAL Club de Rugby Ciencias 25 10 5 1 4
3º. PERMANENCIA Unió Esportiva Santboiana 25 10 5 0 5
4º. PERMANENCIA Club Polideportivo Les Abelles 22 10 4 1 5
5º. PROMOCIÓN Independiente Rugby Club 18 10 3 0 7
6º. DESCENSO Getxo Rugby Taldea 14 10 2 2 6
Resultados
07-03-2021 12ª xornada
29-30 Getxo - Independiente
26-32 Santboiana - Cisneros
10-17 Les Abelles - Ciencias
18-04-2021 15ª xornada
34-25 Cisneros - Getxo
51-14 Ciencias - Santboiana
23-27 Les Abelles - Independiente
28-03-2021 13ª xornada
16-15 Ciencias - Independiente
62-24 Cisneros - Les Abelles
25-24 Getxo - Santboiana
25-04-2021 16ª xornada
16-21 Getxo - Ciencias
13-15 Independiente - Cisneros
13-27 Santboiana - Les Abelles
11-04-2021 14ª xornada
30-23 Cisneros - Ciencias
17-18 Independiente - Santboiana
29-19 Les Abelles - Getxo

Eliminatoria

editar
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
    Alcobendas   21
    Ciencias NP   0  
    Alcobendas   43
      Barcelona   14  
    Ordizia   9
    Barcelona   16  
    Alcobendas   15
      VRAC   19
    VRAC   14
    Cisneros   12  
    VRAC   16
      El Salvador   13  
    El Salvador   34
    Aparejadores   26  


  • NP - O Ciencias non se presentou á súa eliminatoria de cuartos de final por mor dun caso de COVID no equipo que provocou a corentena obrigatoria doutros once xogadores. O Comité Nacional de Disciplina declarou vencedor da eliminatoria ó Alcobendas por 21-0.[1][2]

A final da División de Honra tivo lugar no Campo de Las Terrazas (Alcobendas) o 30 de maio de 2021 e nela enfrontáronse os equipos Club Alcobendas Rugby e Valladolid Rugby Asociación Club, que viñan de ser primeiro e segundo da liga regular e de eliminar en semifinais a Futbol Club Barcelona e Club de Rugby El Salvador. O encontro chegou ó descanso con empate a seis e rematou con vitoria para o equipo visitante, o VRAC, que dese xeito acadou o seu 11º título de liga.

Descenso e promoción

editar

O último clasificado da liga foi o Getxo Rugby Taldea, polo tanto perdeu a súa praza na categoría, que pasou a mans do Club de Rugby La Vila, campión da División de Honra B. O penúltimo clasificado da primeira división (Independiente Rugby Club) e o segundo clasificado da segunda división (Gernika Rugby Taldea) disputaron a promoción o 29 de maio nos Campos de Pepe Rojo de Valladolid, resultando vencedor o equipo vasco por 34 puntos a 21.[3] Deste xeito o resultado final da tempada foi:

 

Ascenso: Club de Rugby La Vila, Gernika Rugby Taldea

 

Descenso: Getxo Rugby Taldea, Independiente Rugby Club

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar