Ordizia Rugby Elkartea

O Ordizia Rugby Elkartea, chamado AMPO Ordizia por razóns de patrocinio, é un club de rugby vasco da localidade de Ordizia (Guipúscoa) fundado en 1973, que compite na División de Honra, primeira categoría do rugby español.

AMPO Ordizia Rugby
NomeOrdizia Rugby Elkartea
Fundación1973
SedeOrdizia (Euskadi)
Estadio(s)Estadio de Altamira
Capacidade430 espectadores
PresidenteKoro Bosque
AdestradorFederico Gallo
Liga(s)División de Honra
2023-24
Na rede
http://www.ordiziarugby.com/

Historia

editar

O Ordizia Rugby Elkartea foi fundado en 1973, e durante todos estes anos estivo vinculado á vida deportiva da vila de Ordizia e a comarca de Goierri.

Dende a súa fundación, moitos rapaces da comarca participaron nos diferentes eventos deportivos da vida do club e, ademais, este club de rugby portou o nome da vila de Ordizia en multitude de eventos en distintos países europeos coma Italia, Portugal, Francia, Escocia, Gales... e polas diferentes comunidades autónomas que configuran na actualidade o Estado español.

Debido a que a empresa AMPO de tecnoloxía ofreceu o seu patrocinio ao club, o equipo trocou o seu nome polo de AMPO Ordizia Rugby.

Dentro dos éxitos deportivos do club, cómpre destacar que en 2005 acadou o ascenso á máxima categoría do rugby español, a División de Honra, un fito histórico para este club.

Na tempada 2010-2011 o equipo acadou o subcampionato nacional de liga ó rematar 2º a só 1 punto do equipo campión, o Club de Rugby La Vila. Na tempada 2011-12 de novo chegou un subcampionato de liga, caendo na final fronte ó VRAC por 27-10, pero acadou o seu primeiro título de Copa do Rei.

Estadio

editar
 
Estadio de Altamira.

Nos seus primeiros anos de existencia o club xogou os seus encontros no vello Estadio Municipal de Altamira, campo que tivo que compartir co equipo de fútbol local. Logo dun tempo tendo que xogar en Hernani e Lazkao, en 1979 comezou a xogar no Fernando Trevijano, inaugurado o 9 de setembro dese ano. Altamira foi reformado en 2007 cun novo terreo de xogo sintético, e o equipo de rugby, que daquela xa ascendera á División de Honra, volveu a el en 2009.

Palmarés

editar
Posicións do Ordizia Rugby Elkartea en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría 2015 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75
Div.Honra 7 6 5 2 2 7 7 6 7 7 x x
Div.HonraB 1 3 8
1ªNacional 2 1 2 1 1 6 4 2 6 6 5 5 3 5 4 3 7 3 2 3
Copa 1 1

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira Nacional desapareceu en 2014.

Tempada actual

editar
POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS   El Salvador 92 22 18 2 2
2º. SEMIFINAIS   VRAC 89 22 18 1 3
3º. CUARTOS FINAL   Alcobendas 78 22 16 1 5
4º. CUARTOS FINAL   Ordizia 63 22 12 2 8
5º. CUARTOS FINAL   Aparejadores 59 22 11 0 11
6º. CUARTOS FINAL   Barcelona 57 22 11 1 10
7º. PERMANENCIA   Santboiana 57 22 10 1 11
8º. PERMANENCIA   Independiente 43 22 7 1 14
9º. PERMANENCIA   Hernani 41 22 7 0 15
10º. PERMANENCIA   Cisneros 39 22 5 1 16
11º. PROMOCIÓN   La Vila 38 22 6 0 16
12º. DESCENSO   Gernika 36 22 5 2 15

Eliminatorias

editar
Cuartos de final Semifinais Final
 5 de maio, Altamira (Ordizia)    11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)      25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] -   El Salvador  39
 [4º] -   Ordizia  38
 [4º] -   Ordizia  26  
 [5º] -   Aparejadores  31  
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] -   El Salvador  27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
   [2º] -   VRAC  39
 [3º] -   Alcobendas  34
 [3º] -   Alcobendas  12  
 [6º] -   Barcelona  20  
 [2º] -   VRAC  33  

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar