División de Honra de Rugby 2013-2014

(Redirección desde «Liga Española de rugby 2013-2014»)

A tempada 2013-2014 da División de Honra da liga española de rugby é a 47ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou oficialmente o 14 de setembro de 2013, e conta con 22 xornadas de liga regular que darán paso á fase de eliminatorias polo título.

División de Honra de Rugby
Fundación1952
RexiónEspaña España
Equipos12
Actual campiónVRAC (2012-13)
OrganizadorFER
Sitio webwww.ferugby.com

Formato editar

O torneo está composto por unha fase de liga regular e unha fase final. A liga regular consta de 22 xornadas. Na primeira volta cada equipo enfrontarase cos restantes 11, e na segunda volta repetirá os enfrontamentos, recibindo como local ós equipos que visitou na primeira volta, e visitando ós equipos que recibiu como local na primeira volta. Ó remate da liga regular, os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria disputarán a fase final. A fase final constará de 5 encontros, 2 de cuartos de final, 2 de semifinais, e 1 da final. Nos cuartos de final enfrontaránse entre si os equipos clasificados entre a 3ª e a 6ª posición da táboa, mentres que os 2 primeiros equipos da táboa agardabarán en semifinais polos seus rivais. A final dispurarase no estadio do equipo finalista mellor clasificado na liga regular.

O descenso de categoría seralle imposto ó último equipo da táboa, mentres que o penúltimo equipo terá a oportunidade de disputar unha eliminatoria fronte ó segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.

Equipos editar

Despois de 13 anos cunha liga de 10 equipos, a edición 2012-2013 volveu novamente a contar cun formato de 12 participantes, e nesta tempada mantense. O vixente campión, VRAC, será o encargado de defender o título acadado na anterior tempada. De seguido amósanse uns datos básicos sobre cada un dos 12 equipos que competirán na División de Honra nesta tempada (entre parénteses, a posición acadada na tempada anterior):

Clasificación editar

A liga regular comezou oficialmente o 14 de setembro de 2013. A seguinte táboa amosa a clasificación da liga regular:

  División de Honra — Tempada 2013/14
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC BO BD
1º.   VRAC 85 22 17 0 5 591 429 15 2
2º.   El Salvador 78 22 16 0 6 625 403 11 3
3º.   Cisneros 78 22 16 0 6 629 476 12 2
4º.   Independiente 67 22 13 0 9 593 512 10 5
5º.   Atlético 61 22 11 0 11 571 539 10 7
6º.   Ordizia 60 22 12 0 10 522 522 7 5
7º.   Getxo 54 22 11 0 11 490 428 5 7
8º.   Santboiana 53 22 10 0 12 477 566 8 5
9º.   Gernika 50 22 9 0 13 529 546 10 4
10º.   Hernani 41 22 8 0 14 463 643 5 4
11º.   Vigo 37 22 7 0 15 502 686 5 4
12º.   Ciencias 22 22 2 0 20 407 649 4 10
A Getxo fóronlle descontados dous puntos por incomparecencia nun encontro.

Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates. PF - Puntos anotados ou a puntos a favor. PC - Puntos encaixados ou puntos en contra.


<<<< 2012/13 — Tempadas — 2014/15 >>>>


En azul      as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º).
En verde      as posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º).
En rosa      a posición de promoción de permanencia (11º).
En vermello      a posición de descenso directo (12º).


Cuartos de Final Semifinais Final
           
 1º   VRAC Quesos Entrepinares  29
 4º   Bathco Independiente  20
 4º   Bathco Independiente  24  
 5º   Rugby Atlético de Madrid  18  
   1º   VRAC Quesos Entrepinares  26
 
   2º   Hermi El Salvador  15
 3º   Complutense Cisneros  29
 3º   Complutense Cisneros  9  
 6º   Ampo Ordizia  27  
 2º   Hermi El Salvador  22  

Máximos anotadores editar

Fonte.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Modelo:Ligas de Rugby de Europa 2013-2014