Club de Rugby Cisneros

O Club de Rugby Cisneros, tamén coñecido como Complutense Cisneros pola súa relación coa Universidade Complutense, é unha entidade deportiva de Madrid adicada ó rugby que compite na División de Honra. O equipo disputa os seus partidos como local no Estadio Nacional Complutense, popularmente chamado "O Central", que comparte co seu máximo rival, o CD Arquitectura, e coa selección española.

CR Cisneros
NomeClub de Rugby Cisneros
Alcume(s)O Colexio, Azul-Azul
Fundación1945
SedeMadrid, España España
Estadio(s)Central (Madrid)
Capacidade7.000 persoas espectadores
PresidenteTobías Cagigal
AdestradorDaniel Vinuesa
CapitánPablo Hayali
Liga(s)División de Honra
2014-153º (semifinalista)
Casa
Fóra
Páxina web
www.rugbycisneros.com

HistoriaEditar

O equipo foi fundado no ano 1945 por alumnos do Colexio Maior Ximénez de Cisneros de Madrid, a carón do cal fora inaugurada en 1943 a nova cidade deportiva universitaria. Durante décadas tódolos xogadores do equipo eran do Colexio Maior, ata que nos anos 80 comezaron a chegar xogadores doutros clubs e ata do estranxeiro.

O CR Cisneros está considerado como un dos clubs históricos do campionato nacional de liga, con 33 tempadas na máxima categoría, 2 títulos de liga nos anos 1976 e 1985, 2 subcampionatos nos anos 1975 e 1989, e 4 Copas do Rei nos anos 1967, 1969, 1979 e 1982.

O club pasou por dúas décadas de pobres resultados deportivos dende a segunda metade dos anos 90, pasando a maior parte das tempadas na segunda división do rugby nacional, ate que en 2012 acadou de novo o ascenso á máxima categoría. Nos últimos dous anos disputou dúas semifinais de liga, unha final de copa e unha supercopa, e o Cisneros volve a estar na elite dos clubs de rugby de España.

PalmarésEditar

De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia:

   
Trofeos de liga e copa.
Posicións do Club de Rugby Cisneros en competicións nacionais dende 1967, ano no que acada o seu primeiro título
Categoría 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70 69 68 67
Div.Honra   3 3 7 10 10 8 10 7 4 7 10 4 7 6 8 2 4 5 3 1 6 x x x x 5 3 1 2 6 7 5
Div.HonraB 2 3 4 6 3 1 5 8 2 3 3
1ªNacional 1 1
Copa   2 2 1 1 2 1 1

A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existiu entre a tempada 1972-73 e a 2013-14. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 foi o 3º.

Tempadas completadas na División de Honra

Tempada actualEditar

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS   El Salvador 92 22 18 2 2
2º. SEMIFINAIS   VRAC 89 22 18 1 3
3º. CUARTOS FINAL   Alcobendas 78 22 16 1 5
4º. CUARTOS FINAL   Ordizia 63 22 12 2 8
5º. CUARTOS FINAL   Aparejadores 59 22 11 0 11
6º. CUARTOS FINAL   Barcelona 57 22 11 1 10
7º. PERMANENCIA   Santboiana 57 22 10 1 11
8º. PERMANENCIA   Independiente 43 22 7 1 14
9º. PERMANENCIA   Hernani 41 22 7 0 15
10º. PERMANENCIA   Cisneros 39 22 5 1 16
11º. PROMOCIÓN   La Vila 38 22 6 0 16
12º. DESCENSO   Gernika 36 22 5 2 15

EliminatoriasEditar

Cuartos de final Semifinais Final
 5 de maio, Altamira (Ordizia)    11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)      25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] -   El Salvador  39
 [4º] -   Ordizia  38
 [4º] -   Ordizia  26  
 [5º] -   Aparejadores  31  
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] -   El Salvador  27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
   [2º] -   VRAC  39
 [3º] -   Alcobendas  34
 [3º] -   Alcobendas  12  
 [6º] -   Barcelona  20  
 [2º] -   VRAC  33  

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Outros artigosEditar