Copa do Rei de Rugby
A Copa do Rei é a competición nacional de rugby máis antiga de España. Naceu en 1926 como Campionato de España por iniciativa da Federación Española de Rugby, que fora fundada pouco tempo antes. O formato orixinal do torneo consistía nunha liga na que se enfrontaban os diversos campións rexionais, inicialmente os campións de Cataluña e Castela, e en anos posteriores outros equipos. Durante décadas foi o máximo campionato de rugby existente en territorio español, pasando por varias denominacións, como "Campionato de España" ou "Copa do Xeneralísimo", até que en 1970 foi creada a División de Honra da Liga Española de Rugby. Dende entón a Copa do Rei ocupa o segundo posto en importancia dentro do calendario rugbístico español. O gañador da Copa do Rei acada o dereito a disputar a Supercopa de España fronte ó campión de liga.
Tipo | national rugby union cup (en) |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Federación Española de Rugby |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1926 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | ferugby.es |
O equipo máis laureado da historia da Copa do Rei de rugby é o FC Barcelona, gañador de 16 edicións, seguido pola UE Santboiana que gañou 12 torneos. O vixente campión é o Club de Rugby El Salvador.
- Actual edición: Copa do Rei de Rugby 2021-2022
- Pasada edición: Copa do Rei de Rugby 2020-2021
Palmarés
editarPor Campionatos gañados
editarEquipo | Títulos | Anos | Federación |
---|---|---|---|
FC Barcelona | 16 | 1926, 1930, 1932, 1942, 1944, 1945, 1946, 1950, 1951, 1952, 1953, 1955, 1956, 1965, 1983, 1985 | |
UE Santboiana | 12 | 1931, 1933, 1943, 1948, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1989, 2000, 2017 | |
CRC Pozuelo1 | 10 | 1964, 1966, 1970, 1971, 1974, 2001, 2002, 2003, 2008, 2009 | |
CR El Salvador | 8 | 1993, 1999, 2005, 2006, 2007, 2011, 2016, 2022 | |
CD Arquitectura | 6 | 1976, 1980, 1981, 1984, 1986, 1988 | |
VRAC | 5 | 1998, 2010, 2014, 2015, 2018 | |
At.San Sebastián | 4 | 1968, 1972, 1973, 1975 | |
CR Cisneros | 4 | 1967, 1969, 1979, 1982 | |
Getxo RT | 4 | 1990, 1991, 1992, 1997 | |
CR Ciencias | 3 | 1994, 1995, 1996 | |
SEU Madrid | 3 | 1941, 1947, 1954 | |
CR Alcobendas | 3 | 2019, 2020, 2021 | |
CN Barcelona | 2 | 1957, 1963 | |
CAU Madrid | 2 | 1977, 1978 | |
Ordizia RE | 2 | 2012, 2013 | |
Bera Bera RT | 1 | 2004 | |
Atlético Madrid | 1 | 1949 | |
RS Gimnástica | 1 | 1935 | |
Real Madrid CF | 1 | 1934 | |
Olímpico RC | 1 | 1987 | |
1 O CRC Pozuelo é o club continuador do Real Canoe. |
Títulos por federación
editarVeces campión |
Federación |
---|---|
32 | Madrid |
30 | Cataluña |
13 | Castela e León |
11 | País Vasco |
3 | Andalucía |
89 | Total |