Club Atlético San Sebastián
O Club Atlético San Sebastián é unha entidade polideportiva da cidade de Donostia, fundada no ano 1958, que ten seccións de rugby, atletismo, baloncesto, natación, pelota, tenis, sófbol, hóckey, piragüismo, tríatlon e tenis de mesa. O club ten uns 4000 socios e preto duns 1000 deportistas federados.
Fundación | 1958 |
---|---|
Na rede | |
https://atleticosansebastian.com/ |
Rugby
editar
|
A sección de rugby do Atlético San Sebastián participou 17 tempadas consecutivas na División de Honra do rugby nacional entre a edición 1969/70 e a edición 1985/86. Nesas 17 tempadas acadou 3 títulos de liga, nos anos 1970, 1978 e 1979, e 2 subcampionatos, nos anos 1983 e 1985. Na Copa do Rei acadou 4 títulos nos anos 1968, 1972, 1973 e 1975, e 2 subcampionatos en 1970 e 1974.
Non obstante, este dominio do equipo nos anos 70 sobre o rugby nacional, caeu cando unha gran parte dos compoñentes da sección de rugby do Atlético San Sebastián decidiron crear un novo club, chamado Bera Bera Rugby Taldea, no ano 1983. Dende ese intre ata o descenso de categoría a Primeira División Nacional do equipo só pasaron 3 anos.
No seu primeiro ano en 1ª Nacional, na tempada 1986/87, o At.San Sebastián acadou a 2ª praza, pero non ascendeu. Os anos seguintes rematou 8º, 6º e 10º, descendendo ás categorías rexionais vascas, nas que votou toda a década dos 90, ata a tempada 2001/02. Nesta ocasión o equipo atopou a estabilidade na categoría da 1ª Nacional, e mesmo acadou o ascenso a División de Honra B, na que votou unha tempada, a 2008/09, descendendo a continuación.
No que vai de século XX o Club Atlético San Sebastián é a segunda forza no que se refire a rugby na cidade de Donostia, por detrás do Bera Bera Rugby Taldea, que lle roubou o primeiro posto durante a década dos 90. En agosto de 2018 foi aprobado un acordo co Hernani CRE polo cal o club donostiarra pasa a ser o filial do hernaniarra por un período de dous anos.
- Posicións do At.San Sebastián en competicións nacionais dende o ano da súa fundación
Categoría | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 | 69 | 68 | 67 | 66 | 65 | 64 | 63 | 62 | 61 | 60 | 59 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 10 | 2 | 4 | 2 | x | x | x | 1 | 1 | 8 | 8 | 7 | 4 | 8 | 4 | 5 | 1 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Div.HonraB | 7 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 5 | 6 | 4 | 1 | 4 | 3 | 2 | 4 | 8 | 6 | 10 | 6 | 8 | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Copa | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | 1 |
A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970. En 1979 o título foi compartido con outros 3 equipos.
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web oficial do Club Atlético San Sebastián (en castelán)
- Web oficial da Federación Española de Rugby (en castelán)
- Web oficial da Federación Vasca de Rugby Arquivado 15 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)