División de Honra B de Rugby

A División de Honra B é a segunda división do rugby español, organizada pola Federación Española de Rugby. A competición conta con 36 equipos divididos en tres grupos xeográficos de 12 equipos cada un para facilitar o desprazamento dos equipos. O grupo A aglutina aos equipos do norte de España, o grupo B aos equipos da costa mediterránea e o grupo C aos equipos do sur e de Madrid.

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra B de Rugby
Tipocompetición de rugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor en Wikidata
Liga superiorDivisión de Honra de Rugby Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorPrimeira División Nacional de Rugby Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialferugby.es… Editar o valor en Wikidata

Sistema de competición

editar

A División de Honra B naceu na tempada 1998-1999, ocupando o segundo nivel do sistema de ligas nacionais de rugby que até entón lle pertencía á Primeira Nacional. Dende entón pasou por varios formatos e sistemas de competición.

O vixente sistema de competición consiste nunha liga regular de 22 xornadas na que os 12 equipos de cada grupo xogan entre si dúas veces, unha como anfitrións e outra como visitantes. Trala fase de liga regular, os oito mellores equipos da categoría pasan a disputar a fase de ascenso á División de Honra A, que consiste en eliminatorias directas con encontros de ida e volta (cuartos de final, semifinais e final). Os oito equipos son os dous primeiros de cada grupo máis os dous mellores terceiros (por puntos).

O gañador da final é o único equipo que acada o ascenso directo, mentres que o outro equipo finalista aínda ten a oportunidade de ascender nunha eliminatoria de promoción na que se enfronta ó penúltimo equipo da máxima categoría.

Sistema de puntuación

editar
  • Cada vitoria suma 4 puntos.
  • Cada empate suma 2 puntos.
  • Catro ensais nun partido suman 1 punto de bonus.
  • Perder por unha diferenza de sete puntos ou inferior suma 1 punto de bonus.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar