O CAU Valencia é unha sociedade deportiva de afeccionados ao rugby da cidade de Valencia. Na tempada 2009-10, dispuña aproximadamente de 250 licenzas de xogadores, dende a categoría sénior ata a prebenxamín, sendo o club con maior número de licenzas da Comunidade Valenciana. Actualmente compite na División de Honra B.

CAU Valencia
NomeCAU Rugby Valencia
Fundación1973
SedeEspaña Valencia
Estadio(s)Camp del Riu
PresidenteFouad Osseiran
AdestradorPedro de Matías
Liga(s)División de Honra B
2015-16Finalista
Casa
Fóra
Na rede
http://www.caurugby.com

Historia editar

O CAU Valencia fundouse en 1973 co impulso de Luis Sebastián Caballero no seo da Universidade de Valencia, nun principio estivo presente unicamente no ámbito deportivo universitario. Posteriormente pasou a xogar en competicións federadas provinciais e rexionais, mais con grande importancia no ambiente universitario.

1986 foi un ano decisivo para a historia do club, xa que foi daquela cando comezou a xestarse a estrutura actual da entidade, cando se dou o grande salto cara á labor da promoción do rugby na infancia e a loita polo desenvolvemento de xogadores de nivel na canteira.

Na tempada 1996-97, o club valenciano consegue ascender á Primeira Nacional. Dous anos despois conseguiu o ascenso á División de Honra B. Na tempada 2001-02 o CAU ascende á División de Honra, logrando a permanencia durante dous anos. Dende aquela competiu na División de Honara B, ata a tempada 2009-10, tempada na cal logrou ascender novamente á máxima categoría do rugby español logo de vencer ao Hernani RT en Hernani (Euskadi).

A tempada 2010-11 do equipo en División de Honra rematou con só 1 vitoria e 17 derrotas, acadando a última posición na clasificación final da liga, e co cal o club participou en División de Honra B na tempada 2011-12.

Palmarés editar

Posicións do CAU Valencia en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75
Div.Honra 10 9 7
Div.HonraB 5 2 7 5 3 5 4 10 1 6 5
1ªNacional 1 5 4 8 8
Copa

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempada actual editar

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL   Fénix 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL   Les Abelles 5 1 1 0 0
3º. CUARTOS DE FINAL   Valencia 5 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA   Babarians 5 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA   CAU Valencia 4 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA   L'Hospitalet 1 1 0 0 1
7º. PERMANENCIA   Poble Nou 1 1 0 0 1
8º. PERMANENCIA   Sant Cugat 0 0 0 0 0
9º. PERMANENCIA   Santboiana B 0 0 0 0 0
10º. PERMANENCIA   Tatami 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN   BUC 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO   Montcada 0 1 0 0 1

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar