División de Honra B de Rugby 2015-2016

A tempada 2015-2016 da División de Honra B foi a 18ª edición da segunda división de rugby en España, tal como foi reestruturada en 1998, cando a Primeira Nacional pasou de ser a segunda división a ser a terceira. Organizada pola Federación Española de Rugby, foi por segundo ano seguido o único nivel intermedio entre a máxima competición nacional, a División de Honra, e as diversas ligas rexionais de cada federación autonómica.

Comezou o 19 de setembro de 2015 e rematou o 29 de maio de 2016, resultando campión da categoría o Club de Rugby Ciencias de Sevilla, que acadou o ascenso directo á División de Honra.

Formato

editar

A competición conta con 36 equipos participantes, catro deles filiais de clubs que compiten na División de Honra (El Salvador, VRAC, Cisneros e Santboiana). Os 36 equipos están divididos en tres grupos segundo criterios xeográficos, tendo cada grupo 12 equipos.

A liga regular está composta por 22 xornadas, nas que cada equipo xoga contra tódolos rivais do seu grupo dúas veces, unha como anfitrión e outra como visitante. Ó remate da tempada regular levarase a cabo a fase de ascenso, na que terán dereito a competir oito equipos: os dous primeiros equipos de cada grupo e os dous terceiros que teñan máis puntos na liga. A fase de ascenso consiste en eliminatorias directas con encontros de ida e volta (cuartos de final, semifinais e final). O gañador da final será o único equipo que acade o ascenso directo, mentres que o outro equipo finalista aínda terá a oportunidade de ascender nunha eliminatoria de promoción na que se enfrontará ó penúltimo equipo da máxima categoría.

Fase de liga regular

editar

Grupo A

editar

O grupo A corresponde á zona xeográfica do norte de España, é nel compiten os equipos de Navarra, A Rioxa, País Vasco, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia, que nesta edición está representada por dous equipos: o Vigo R.C. e o C.R.A.T. A presenza destes dous equipos na División de Honra B estivo en perigo por non ter asinada a Federación Galega de Rugby un seguro médico a tempo, de xeito que os dous equipos tiveron que aprazar os encontros correspondentes ás dúas primeiras xornadas. Nunha situación semellante estivo o Oviedo R.C. que tivo que aprazar o seu primeiro encontro de liga por non ter asinado un seguro médico a tempo.

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC BO BD
1º.   Zarautz R.T. 99 22 21 0 1 751 280 14 1
2º.   Aparejadores R.C. 86 22 17 0 5 655 371 13 5
3º.   Bera Bera R.T. 59 22 11 2 9 425 384 7 4
4º.   Uribealdea R.E. 57 22 11 1 10 471 372 5 6
5º.   C.R.A.T. 57 22 11 2 9 432 371 3 6
6º.   Vigo R.C. 47 22 9 0 13 449 414 7 4
7º.   Oviedo R.C. 46 22 9 0 13 450 453 3 7
8º.   Durango R.T. 44 22 8 0 14 394 453 6 6
9º.   Eibar R.T. 41 22 9 0 13 365 575 2 3
10º.   C.R. El Salvador 'B 40 22 8 0 14 345 711 5 3
11º.   V.R.A.C. 'B 40 22 8 1 13 310 528 4 2
12º.   La Única R.T. 35 22 6 2 14 343 478 3 4

Grupo B

editar
Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC BO BD
1º.   C.R. La Vila 102 22 21 0 1 1005 200 17 1
2º.   C.R. Sant Cugat 89 22 19 0 3 685 337 13 0
3º.   C.A.U. Valencia 79 22 15 0 7 831 311 13 6
4º.   C.R. Les Abelles 68 22 14 0 8 584 347 9 3
5º.   B.U.C. 61 22 12 1 9 518 546 8 3
6º.   C.N. Poble Nou 55 22 11 0 11 507 507 7 4
7º.   R.C. Valencia 51 22 11 0 11 420 540 6 1
8º.   U.E. Santboiana 'B 45 22 9 0 13 415 543 4 5
9º.   R.C. L'Hospitalet 43 22 8 0 14 370 587 6 5
10º.   Fénix R.C. 38 22 7 2 13 375 631 4 2
11º.   R.C. Sitges 14 22 2 1 19 282 794 2 2
12º.   Químic E.R. 5 22 0 2 22 228 877 1 0

Grupo C

editar
Posto Equipo Puntos PX PG PE PP PF PC BO BD
1º.   C.R. Ciencias 107 22 22 0 0 1180 195 19 0
2º.   C.R. Liceo Francés 87 22 18 0 4 715 348 14 1
3º.   C.R.A. Portuense 76 22 14 0 8 672 505 16 4
4º.   C.D. Arquitectura 65 22 12 1 9 562 549 13 2
5º.   Olímpico R.C. 54 22 11 0 11 554 535 6 4
6º.   C.A.R. Cáceres 52 22 11 1 10 435 578 5 1
7º.   A.D. Ingenieros Ind. 49 22 10 0 12 456 521 5 4
8º.   Helvetia Rugby 48 22 10 0 12 490 652 7 1
9º.   C.R. Cisneros 'B 44 22 8 0 14 527 615 7 5
10º.   U.R. Almería 42 22 8 0 14 477 659 7 3
11º.   C.A.U. Madrid 37 22 7 0 15 412 691 6 3
12º.   C.D.U. Granada 7 22 0 0 22 219 851 1 6

Fase de ascenso

editar
  Cuartos de final Semifinais Final
                                         
1    Ciencias x x -  
8    Portuense x x Ret.  
  1    Ciencias 16 23 39  
  5    Liceo Francés 12 7 19  
4    Sant Cugat 3 8 11
5    Liceo Francés 12 18 30  
  1    Ciencias 15 23 38
  7    CAU Valencia 22 15 37
2    La Vila 14 15 Elim.  
7    CAU Valencia 13 6 19  
  7    CAU Valencia 23 27 50
  6    Aparejadores 23 17 40  
3    Zarautz 12 21 33
6    Aparejadores 15 30 45  
  • O Portuense retirouse da loita polo ascenso antes de comezar. O La Vila foi eliminado por aliñación indebida.

O resultado da fase de ascenso foi o título de campión da División de Honra B para o Club de Rugby Ciencias de Sevilla, e polo tanto o seu ascenso directo a División de Honra. Como subcampión, o CAU Valencia é o equipo que participará na eliminatoria de promoción fronte ó penúltimo equipo da División de Honra, o Gernika Rugby Taldea.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar