Olímpico Rugby Club

O Olímpico Rugby Club é unha entidade deportiva adicada ó rugby con sede en Pozuelo de Alarcón (Comunidade de Madrid). O equipo masculino compite na División de Honra B e o equipo feminino é o vixente campión da División de Honra.

Olímpico RC
NomeOlímpico Rugby Club
Fundación1963
SedePozuelo de Alarcón Comunidade de Madrid
Estadio(s)Valle de las Cañas
Capacidade735 asentos espectadores
PresidenteIgnacio del Olmo
Liga(s)División de Honra B
2014-15
Casa
Fóra
Na rede
http://www.olimpicorugby.com/

Historia editar

O club foi fundado en Madrid na tempada 1963/64, sendo bautizado como "Olímpico 64" por mor dos Xogos Olímpicos dese ano. En 1974 o Olímpico deixou Madrid por Leganés, e mudou de fogar novamente en 1976 para establecerse definitivamente en Pozuelo de Alarcón. Na tempada 1976/77 participou por primeira vez na máxima categoría do rugby español. En total foron seis tempadas na División de Honra, con varios ascensos e descensos de categoría até a última presenza do equipo na elite do rugby nacional na tempada 1990/91. O éxito máis salientable do Olímpico durante eses anos foi a vitoria na final da Copa do Rei na tempada 1986-87.

O equipo feminino foi subcampión da Copa da Raíña tres anos seguidos entre 2005 e 2007. Despois dun novo subcampionato de liga na tempada 2012/13, o Olímpico acadou por fin o campionato da División de Honra feminina en 2013/14 derrotando na final ó CRAT de A Coruña. A mesma final disputada en 2017 rematou co segundo título de liga para o conxunto de Pozuelo.

Tempada actual editar

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL   Ciencias 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL   Industriales 5 1 1 0 0
3º. CUARTOS DE FINAL   Liceo Francés 5 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA   Arquitectura 5 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA   Jaén 5 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA   Marbella 5 1 1 0 0
7º. PERMANENCIA   Cisneros B 1 1 0 0 1
8º. PERMANENCIA   Almería 0 1 0 0 1
9º. PERMANENCIA   Alcobendas B 0 1 0 0 1
10º. PERMANENCIA   Olímpico 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN   CRC 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO   Cáceres 0 1 0 0 1

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar