Club de Rugby Ciencias
O Real Ciencias Rugby Club é un club de rugby español da cidade de Sevilla. Foi fundado en 1972 e compite na máxima categoría do rugby en España, a División de Honra.
Nome | Real Ciencias Rugby Club | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1972 | ||
Sede | Sevilla, España | ||
Estadio(s) | Juan Antonio Arenas Sevilla, España | ||
Capacidade | 3.000 espectadores | ||
Presidente | Rafael Montserrat | ||
Adestrador | Jesús Romero | ||
Liga(s) | División de Honra | ||
2023-24 | 3º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.rugbyciencias.com | |||
O club disputa os seus encontros como local no estadio de atletismo das Instalacións Deportivas de La Cartuja, con capacidade para 1932 seareiros. O recinto, inaugurado o 12 de novembre de 1989, foi rebautizado en 2024 co nome Campo de Rugby Juan Antonio Arenas como homenaxe ao fundador e histórico adestrador do Real Ciencias que gañou dúas ligas e tres copas na década dos anos 90s.
Historia
editarO Club de Rugby Ciencias de Sevilla foi fundado en 1972 na Facultade de Ciencias (de aí o nome) da Universidade de Sevilla.
A etapa máis gloriosa deste club tivo lugar a principios dos anos '90. Entre 1992 e 1996, o club gañou os seus títulos máis importantes, dúas ligas de División de Honra, tres Copas do Rei e unha Copa Ibérica, na que gañou ao campión portugués, o Grupo Dramático Sportivo Cascais en 1995.
Tamén é destacable que numerosos xogadores formados, ou que pertenceron a este club foron internacionais por España en multitude de partidos, ao longo da súa historia.
Palmarés
editar- Posicións do Club de Rugby Ciencias en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría | 2013 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 9 | 8 | 6 | 3 | 3 | 2 | 10 | 6 | 9 | 4 | 6 | 3 | 7 | 5 | 2 | 4 | 1 | 3 | 1 | 9 | 3 | 6 | 4 | 4 | x | x | |||||||||||||||
Div.HonraB | 1 | 1 | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 1 | 3 | 6 | 2 | 7 | 3 | 2 | 2 | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Copa | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 |
A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
- Títulos
- 2 Ligas: 1992 e 1994
- 3 Copas do Rei: 1994, 1995 e 1996
- 1 Copa Ibérica: 1995
- 12 Copa FAR "Trofeo Felipe Del Valle"
- Tempadas completadas na División de Honra
- Con 51 tempadas: UE Santboiana
- Con 37 tempadas: CR Cisneros
- Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo
- Con 34 tempadas: Getxo RT
- Con 32 tempadas: VRAC
- Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias
- Con 23 tempadas: FC Barcelona
- Con 22 tempadas: RC Valencia
- Outros.