División de Honra de Rugby 2011-2012
A tempada 2011-2012 da Liga Española de rugby (División de Honra de Rugby) foi a edición número 45 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular estivo composta por 18 xornadas nas que os 10 equipos enfrontáronse todos entre si dúas veces, unha como local e outra como visitante. Nesta tempada, o campión da liga decidiuse por vez primeira polo sistema dos play offs, como se facía en tódalas grandes ligas de rugby do mundo. Así pois, os 6 equipos que remataron a tempada regular nos primeiros postos da táboa, enfrontáronse entre si nas eliminatorias polo título de liga 2011-2012. Os 2 primeiros acadaron o pase directo para xogar as semifinais, e os equipos que rematen 3º, 4º, 5º e 6º tiveron que disputar entre si dúas eliminatorias de cuartos de final.
Tipo | División de Honra de Rugby |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Federación Española de Rugby |
Número de participantes | 10 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2011-2012 |
Competición | |
Primeiro posto | Valladolid Rugby Asociación Club |
Datos estatísticos | |
Partidos | 90 |
Esta edición da liga española de rugby foi a derradeira con 10 equipos. O equipo que rematou na última posición tivo que disputar unha eliminatoria pola permanencia co 3º clasificado da División de Honra B.
O Club de Rugby La Vila era o encargado de defende-lo título acadado na tempada 2010-11. Os últimos equipos ascendidos á categoría eran o campión de 1993, Getxo Rugby Taldea, e por vez primeira un equipo galego, o Vigo Rugby Club; que ocuparon as prazas dos descendidos CAU Valencia e Bera Bera RT.
Equipos
editar
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Táboa
editarPosto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | BO | BD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | V.R.A.C. | 71 | 18 | 15 | 0 | 3 | 589 | 215 | 9 | 2 |
2º. | Ordizia R.E. | 65 | 18 | 13 | 1 | 4 | 543 | 384 | 8 | 3 |
3º. | U.E. Santboiana | 64 | 18 | 13 | 0 | 5 | 536 | 348 | 10 | 2 |
4º. | C.R. La Vila | 53 | 18 | 10 | 2 | 6 | 450 | 442 | 8 | 1 |
5º. | Gernika R.T. | 47 | 18 | 9 | 0 | 9 | 431 | 388 | 7 | 4 |
6º. | Getxo R.T. | 47 | 18 | 9 | 2 | 7 | 406 | 409 | 4 | 3 |
7º. | C.R. El Salvador | 45 | 18 | 9 | 0 | 9 | 469 | 472 | 7 | 2 |
8º. | C.R. Ciencias | 31 | 18 | 5 | 0 | 13 | 353 | 503 | 6 | 5 |
9º. | Vigo R.C. | 22 | 18 | 2 | 0 | 16 | 353 | 543 | 7 | 7 |
10º. | C. Alcobendas R. | 18 | 18 | 2 | 1 | 15 | 325 | 592 | 5 | 3 |
Posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º). |
|
- Fonte: www.ferugby.com
- Eliminatorias
Competición | División de Honra | ||
Tempada | 2011-12 | ||
Estadio | Pepe Rojo (Valladolid) | ||
Capacidade | 6.500 | ||
Campión | VRAC | ||
Finalista | Ordizia RE | ||
Resultado | 27 - 10 | ||
|
Cuartos de Final | Semifinais | Final | ||||||||
29/4/12 - La Vila Joiosa | 6/5/12 - Valladolid | 18:00h. 12/5/12 - Valladolid | ||||||||
Valladolid RAC | 55 | |||||||||
CR La Vila | 14 | |||||||||
Getxo RT | 25 | |||||||||
Getxo RT | 18 | |||||||||
6/5/12 - Ordizia | Valladolid RAC | 27 | ||||||||
29/4/12 - Sant Boi de Llobregat | ||||||||||
Ordizia RE | 10 | |||||||||
UE Santboiana | 3 | |||||||||
Gernika RT | 22 | |||||||||
Gernika RT | 33 | |||||||||
Ordizia RE | 38 | |||||||||
- Final
Nesta tempada aplicouse por vez primeira o formato de playoffs polo título. Os dous equipos que chegaron á final foron os dous primeiros clasificados da liga regular, VRAC e Ordizia RE, despois de eliminar nas semifinais a Getxo RT e Gernika RT respectivamente.
A final disputouse no campo do VRAC, o estadio Pepe Rojo de Valladolid, por ser, dos dous equipos finalistas, o que rematara por diante na táboa. O VRAC viña de rematar 1º na liga regular, mentres que o Ordizia RE viña de acadar en abril a súa primeira Copa do Rei.
O Ordizia RT adiantouse no taboleiro no minuto 5 cun golpe de castigo anotado polo seu apertura australiano Danny Kroll. O VRAC púxose por diante no minuto 20 grazas ó ensaio acadado en xogada individual polo apertura neozelandés Daniel Waenga, quen non foi capaz de anotar a transformación, deixando o resultado en 5-3 para os queseros. O segundo ensaio do VRAC chegou baixo paus no minuto 29, nunha xogada individual do zagueiro arxentino-galego Ignacio Gutiérrez Müller, que Waenga transformou poñendo o 12-3 co que se chegou ó descanso.
Na segundo metade Ordizia RE acurtou distancias cun ensaio do zagueiro Huxford no minuto 49, que transformou Kroll. Non obstante, a partir dese 12-10, o VRAC demostrou unha superioridade salientable, anotando 3 ensaios nos minutos 55, 63 e 77, deixando o resultado final nun 27-10 que non deixou ningunha dúbida da superioridade do equipo pucelano.
Esta foi a 3ª liga que gañaba o VRAC, tralas de 1999 e 2001.