Getxo Rugby Taldea

(Redirección desde «Getxo RT»)

O Getxo Rugby Taldea, chamado Getxo Artea por razóns de patrocinio, é un club español de rugby da localidade de Getxo (Biscaia), fundado en 1975, que compite na División de Honra, a primeira categoría do rugby español. No seu palmarés salienta a presenza dun título de liga (1993) e catro títulos de copa (1990, 1991, 1992 e 1997).

Getxo Artea
NomeGetxo Rugby Taldea
Alcume(s)-
Fundación1975
SedeGetxo España
Estadio(s)Velódromo de Fadura
Capacidade510 espectadores
PresidenteAlaitz Bollegi
AdestradorKemen Goitiandia
Iñigo Lugaresaresti
Santiago Pérez
Liga(s)División de Honra
2014-2015
Casa
Fóra
Na rede
http://www.getxorugby.org

O equipo xoga os seus partidos como local no terreo de xogo do Velódromo de Fadura, situado dentro da Cidade Deportiva Municipal de Fadura. As cores tradicionais do club son o amarelo e o negro.

Historia

editar

O Getxo Artea Rugby Taldea, fundouse en 1975 co nome de Getxo Rugby Taldea, ao unirse tres xogadores do Gernika Rugby Taldea que vivían nesta localidade biscaíña. Durante os seus primeiros anos de vida nutriuse de todo o entramado deportivo deste municipio, principalmente dos remeiros de traíñas. Obtivéronse, dende moi cedo, grandes resultados deportivos, tanto en categoría sénior, coma nas categorías inferiores.

Na década dos '80, seguiu co seu crecemento ata conseguir avanzar dende a categoría rexional ata a División de Honra, a máxima categoría do rugby español. Nesta mesma década, en 1989 créase a sección feminina do club, que tamén se caracterizou, dende os seus inicios, por ter grandes resultados no ámbito deportivo, e por unha vocación de formación, tanto de deportistas como de persoas dentro dos valores do rugby.

Durante a década dos '90, o club vive a súa época dourada, acadando os seus maiores éxitos deportivos no equipo sénior masculino, coa consecución dun título de Liga de División de Honor, catro copas do Rei e chegou a tres finais máis desta última competición. Tras este período esplendoroso e cando xa parecía normal a súa presenza na máxima categoría do rugby español e a consecución de títulos, houbo unha crise de xogo que fixo perder tanto a categoría, coma a súa presenza nas finais de copa.

O século XXI, significa a recuperación dos bos resultados deportivos, primeiro votando á División de Honra, e máis tarde repetindo a súa participación na Final de Copa do Rei de 2005. Ademais, este século marca o comezo da profesionalización do club, etapa aínda non finalizada, mais obsérvase nun aumento progresivo do presuposto para cada tempada. Esta década tamén marca o comezo dos éxitos femininos en categoría nacional, xa que consegue gañar a Copa da Raíña de 2001 e de 2008 e acadou outra final desta competición en 2004. Ademais destes éxitos, no ano no que cumpría 20 anos a súa sección feminina, o 2009, e grazas a ter gañado a Copa da Raíña do ano anterior, enfrontouse na Final da Copa de Europa Feminina ao equipo francés do USA Toulouges, perdendo a final a dobre partido.

O 19 de abril de 2009 consumábase o descenso directo do Getxo á División de Honra B tras perder ante o líder, o CRC Madrid, e finalizar en última posición a tempada regular. Para a tempada 2009-2010, o equipo militou no Grupo 1 (Norte) da División de Honra B.

Na tempada 2010-2011, o equipo logrou rematar a tempada na primeira posición do Grupo 1 da División de Honra B. Para ascender tiña que derrotar nunha eliminatoria a ida e volta ó equipo valenciano de Les Abelles, que había rematado segundo no Grupo 2. No encontro de ida venceu o Les Abelles por 15-13 en Valencia. No encontro de volta o que venceu foi o equipo vasco, por 43 a 21, co cal Getxo RT acadaba o ascenso á División de Honra, na que militará durante a tempada 2011-2012.

Palmarés

editar
Posicións do Getxo Rugby Taldea en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría 2015 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77
Div.Honra 9 7 8 5 10 5 8 5 7 8 10 9 8 8 8 2 3 2 2 1 5 3 4 9 4 4 9 5 x x x
Div.HonraB 1 6 1
1ªNacional 1 1
Copa 2 1 2 2 1 1 1

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.

Tempadas completadas na División de Honra

Tempada actual

editar
POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL   Ourense 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL   Eibar 5 1 1 0 0
3º. PERMANENCIA   Getxo 4 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA   Uribealdea 4 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA   CRAT 4 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA   VRAC B 0 0 0 0 0
7º. PERMANENCIA   El Salvador B 0 0 0 0 0
8º. PERMANENCIA   Bera Bera 0 1 0 0 1
9º. PERMANENCIA   Zarautz 0 1 0 0 1
10º. PERMANENCIA   Santander 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN   Durango 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO   Vigo 0 1 0 0 1

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar