Club de Rugby Santander
O Club de Rugby Santander foi un equipo español de rugby da cidade de Santander, fundado no ano 2007. En 2021 o club foi liquidado. As focas disputaban os seus encontros no estadio de atletismo de La Albericia, de propiedade municipal.
Nome | Club de Rugby Santander | |
---|---|---|
Alcume(s) | Focas | |
Fundación | 2007 | |
Sede | Santander, España | |
Estadio(s) | La Albericia | |
Capacidade | 800 asentos espectadores | |
Presidente | Juan Pascual Gómez | |
Adestrador | Agustín Rodríguez | |
Liga(s) | División de Honra | |
2019-20 | 11º | |
| ||
Na rede | ||
http://www.bathcorugbyclub.com/ |
En 2019 o club acadou o ascenso á máxima categoría do rugby español, denominándose Bathco Rugby por razóns de patrocinio. A tempada do seu debut na División de Honra foi a 2019-2020, que se tivo que deter trala xornada 17 por mor da pandemia do COVID. Unha vez que a Federación Española de Rugby decretou que a tempada quedaba suspendida, anunciou a decisión de que o CR Santander non disputaría a eliminatoria de promoción que lle correspondía polo undécimo posto que ocupaba na clasificación, de xeito que acadou a permanencia. Non obstante, en outubro de 2020 o club comunicou que renunciaba a participar na tempada 2020-2021 da División de Honra por non poder facer fronte ós custos económicos.[1] Por ser unha renuncia fora de plazo, o club foi sancionado pola Federación Española co descenso a categoría rexional e unha multa superior a 12.000 euros.[2]
Finalmente o club foi liquidado, e en 2021 os seus membros fundaron un novo club, o Sotileza Rugby Club.[3]
Notas
editar- ↑ Bathco Rugby renuncia á División de Honra, noticia publicada en Revista 22. (en castelán)
- ↑ Resolución do comité de disciplina da FER sobre a renuncia do CR Santander, noticia publicada na páxina da FER. (en castelán)
- ↑ Historia do Sotileza Rugby Club, na páxina web do club. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial da Federación Española de Rugby (en castelán)
- Páxina web oficial do Club de Rugby Santander Arquivado 02 de xuño de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)