Copa do Rei de Rugby 2017-2018

Na tempada 2017-2018 disputouse a 85ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español, organizado pola F.E.R..

Copa do Rei
2016-2017 << 2017-2018 >> 2018-2019
OrganizadorF.E.R.
Edición85ª
Equipos4
CampiónV.R.A.C.
FinalistaC.R. El Salvador

Disputaron esta competición da Copa do Rei os catro equipos que quedaron en primeiro lugar nos resultados habidos na primeira volta da División de Honra de cada un dos catro grupos de tres equipos que foron creados por sorteo entre os doce equipos que constituían a División de Honra, de xeito que cada equipo xogou dentro do seu grupo un encontro como local e outro como visitante.

As eliminatorias de semifinais disputáronse a partido único, por sorteo entre os catro equipos clasificados. A final disputouse a partido único entre os dous vencedores das semifinais no campo designado pola federación, que nesta edición foi o Estadi Ciutat de València, resultando gañador do torneo o Valladolid Rugby Asociación Club.

Clasificación a través do torneo de liga editar

Os doce equipos da División de Honra foron agrupados por sorteo de tres en tres, resultando catro grupos. Empregando os resultados da primeira volta do campionato de liga quedarán clasificados para as semifinais da Copa do Rei os primeiros clasificados de cada grupo.

Torneo da Copa do Rei editar

O Copa do Rei comezou propiamente coas semifinais, de xeito que nesta edición o torneo contou oficialmente con catro participantes e constou de tres encontros: as dúas semifinais e a final.

  • Semifinais: Encontro único (28 de xaneiro de 2018) [1]
    • Barcelona 20-37 El Salvador
    • VRAC 48-13 Santboiana
  • Final: Encontro único (29 de abril de 2018) [2]
    • VRAC 20-16 El Salvador
Cadro da competición
  Semifinais Final
             
28 de xaneiro, Pepe Rojo
    VRAC 48  
    Santboiana 13  
 
29 de abril, Ciutat de València (15,159)
        VRAC 20
      El Salvador 16
28 de xaneiro, La Foixarda
    Barcelona 20
    El Salvador 37  


Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar