Rugby Club Valencia

(Redirección desde «Valencia RC»)

O RC Valencia (tamén coñecido como Valencia Tecnidex) é un equipo de rugby español da cidade de Valencia. Actualmente o club compite no Grupo C da Primeira División Nacional, terceira categoría do rugby español.

Valencia Tecnidex
NomeClub Rugby València
Fundación1966
SedeValencia (España)
Estadio(s)Campo de la Pechina, Valencia
PresidenteVicente Agustí
Liga(s)Liga Valenciana
2011-12?
Casa
Na rede
http://www.valenciarugby.com/postnuke/
Twitter: valenciarugby Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O club foi fundado en maio de 1966 por un grupo de xogadores xoves que querían ver un equipo da cidade de Valencia xogando nas ligas nacionais. Houbo problemas para conseguir un campo, e o club xogou nun campo de fútbol en Picanya e, ás veces á beira do río polo centro de formación de profesores nos primeiros anos. Logo dun tempo conseguiron adquirir o seu propio terreo de xogo, o Campo de la Pechina (Campo de El colgante), o primeiro campo de rugby da cidade. A tempada seguinte comezou a competir un equipo de mozos que rematou gañando o campionato rexional.

O equipo sénior chegou ás ligas nacionais por primeira vez na tempada 1973-74 e conseguiu ascender á División de Honra natempada 1976-77, gañando o campionato na tempada 1982-83.

Na tempada 1983-84 disputou a final da Copa Ibérica, perdendo fronte ao campión da Liga Portuguesa, o Centro Desportivo Universitario de Lisboa por 13-3 en Valencia. En 1990 o club conseguiu o seu primeiro patrocinador, Tecnidex, unha empresa provedora de produtos químicos, e desinfectantes con fins agrícolas.

Na tempada 2010-11 o equipo competiu no Grupo C da Primeira División Nacional (terceira categoría do rugby nacional) acadando a sétima posición na clasificación final, con catro vitorias e dez derrotas.

Palmarés editar

Posición do Valencia RC nas competicións nacionais dende o ano 1970, cando se creou a liga
Categoría 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70
Div.Honra 10 7 12 9 9 8 11 11 8 6 9 5 3 8 6 6 1 x 3 3 x 6
Div.HonraB 8 6 3 1 8 4
1ªNacional 7 8 8 1 1 2 1 2
Copa 2 2

A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Tempadas completadas na División de Honra

Tempada actual editar

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL   Fénix 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL   Les Abelles 5 1 1 0 0
3º. CUARTOS DE FINAL   Valencia 5 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA   Babarians 5 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA   CAU Valencia 4 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA   L'Hospitalet 1 1 0 0 1
7º. PERMANENCIA   Poble Nou 1 1 0 0 1
8º. PERMANENCIA   Sant Cugat 0 0 0 0 0
9º. PERMANENCIA   Santboiana B 0 0 0 0 0
10º. PERMANENCIA   Tatami 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN   BUC 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO   Montcada 0 1 0 0 1

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar