Club Atlético de Madrid (rugby)

(Redirixido desde "Club Atlético de Madrid Rugby")
En 2013 contra o Vigo Rugby Club.

A sección de rugby do Club Atlético de Madrid, creada nos anos 20, foi un dos equipos máis importantes de España durante os anos 40 e 50, disputando varias finais do Campionato de España, que gañou en 1949[1], e do Campionato de Castela. Foi un dos catro participantes nas dúas primeiras edicións da Liga Nacional en 1953 e 1954, acadando dous subcampionatos. A finais dos anos 50 a sección desapareceu como tal fusionándose co Club Deportivo Arquitectura.[2]

En 2012 o CRC Pozuelo chegou a un acordo comercial co Atlético de Madrid[3] mediante a empresa Santa Mónica Sport para que o equipo de rugby vestira as cores do club e levase o seu escudo durante tres tempadas. O acordo rematou ó segundo ano.

PalmarésEditar

  • Liga Nacional: 0 títulos.
    • 1ª posición:
    • 2ª posición: 1953, 1954
  • Campionato de España: 1 título.
    • 1ª posición: 1949
    • 2ª posición: 1950, 1951, 1952, 1953, 1955
  • Campionato de Castela: 5 títulos.
    • 1ª posición: 1923, 1927, 1928, 1952, 1954
    • 2ª posición: 1945, 1948, 1949, 1950, 1951, 1953, 1955, 1958

NotasEditar