Club de Rugby La Vila

(Redirección desde «CR La Vila»)

O Club de Rugby La Vila é un equipo de rugby da localidade de La Vila Joiosa, na provincia de Alacant, que compite na máxima categoría do rugby español, a División de Honra. As cores do club son o azul e o branco.

C.R. La Vila
NomeClub de Rugby La Vila
Fundación1983
SedeLa Vila Joiosa
España
Estadio(s)Campo de El Pantano
Capacidade1.350 asentos espectadores
PresidenteDavid Jason Craig
AdestradorHernán Quirelli
CapitánPaco Martínez
Liga(s)División de Honra
2017-1810º
Casa
Fóra
Na rede
https://www.rugbylavila.net/

Fundado en 1983 por ex xogadores do Rugby Club Valencia[1], en 2008 culminou un ascenso meteórico dende a terceira categoría nacional á División de Honra, que tivo a súa continuidade co título de campións de liga na tempada 2010-11[2]. A realidade económica do club non estaba ó mesmo nivel que os éxitos deportivos, e en 2013 o equipo perdeu a máxima categoría, que tardou catro anos en recuperar.

En 2009 o club foi a base da franquía La Vila Mariners que participou na primeira e única edición da Liga Superibérica, o primeiro intento serio por crear unha liga profesional de rugby en España. En 2018 La Vila converteuse nun dos socios fundadores da nova Liga Nacional de Rugby que pretende dirixir e administrar profesionalmente a máxima competición do rugby nacional a partir do ano 2019.[3]

O club posúe unha das mellores instalacións de rugby do país, o Estadio de Rugby de Villajoyosa, coñecido popularmente como Campo del Pantano pola súa proximidade ó Encoro de Amadorio. Nel tivo lugar a final da Copa do Rei 2011[4] e un encontro da selección española en 2017 fronte a Brasil[5], entre outros eventos.

Historia editar

O Club de Rugby La Vila fúndase en 1983 grazas á unión duns afeccionados ao rugby da localidade. Dende a tempada 2006-07, sufriu un crecemento espectacular conseguindo ascender dúas categorías ata acadar a máxima categoría do rugby español, a División de Honor tras un paso meteórico polas dúas categorías inmediatamente inferiores: División de Honra B e Primeira Nacional.

Tamén é destacable que varios xogadores formados neste club foron internacionais por España ao longo da súa historia.

Na tempada 2009-10, CR La Vila acadou o subcampionato nacional de liga, o cal foi tan só o comezo, xa que na tempada 2010-11, o equipo se proclamou por vez primeira campión, ó rematar 1º na clasificación final da liga.

O club acadou o título de liga na tempada 2010-11, converténdose no 16º club que saía campión na historia da máxima categoría do rugby nacional.

Na seguinte tempada o club participou por vez primeira en competicións europeas, xogando 6 encontros dentro da European Challenge Cup, caendo en todos eles. Na liga acadou o 4º posto, caendo ás primeiras na fase final de eliminatorias polo título.

Tempada actual editar

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. SEMIFINAIS   El Salvador 92 22 18 2 2
2º. SEMIFINAIS   VRAC 89 22 18 1 3
3º. CUARTOS FINAL   Alcobendas 78 22 16 1 5
4º. CUARTOS FINAL   Ordizia 63 22 12 2 8
5º. CUARTOS FINAL   Aparejadores 59 22 11 0 11
6º. CUARTOS FINAL   Barcelona 57 22 11 1 10
7º. PERMANENCIA   Santboiana 57 22 10 1 11
8º. PERMANENCIA   Independiente 43 22 7 1 14
9º. PERMANENCIA   Hernani 41 22 7 0 15
10º. PERMANENCIA   Cisneros 39 22 5 1 16
11º. PROMOCIÓN   La Vila 38 22 6 0 16
12º. DESCENSO   Gernika 36 22 5 2 15

Eliminatorias editar

Cuartos de final Semifinais Final
 5 de maio, Altamira (Ordizia)    11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)      25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)
 [1º] -   El Salvador  39
 [4º] -   Ordizia  38
 [4º] -   Ordizia  26  
 [5º] -   Aparejadores  31  
 12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid)  [1º] -   El Salvador  27
 5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas)
   [2º] -   VRAC  39
 [3º] -   Alcobendas  34
 [3º] -   Alcobendas  12  
 [6º] -   Barcelona  20  
 [2º] -   VRAC  33  

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar