Copa do Rei de Rugby 2013-2014

Na tempada 2013-2014 disputouse a 81ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.

Copa do Rei
2012-2013 << 2013-2014 >> 2014-2015
Coparugby.png
OrganizadorF.E.R.
Edición81ª
Equipos8
CampiónCastela e León Valladolid RAC
FinalistaCantabria Independiente RC

Na final, xogada no Estadio Nueva Balastera de Palencia o 27 de abril de 2014, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu terceiro título copeiro derrotando por 40 a 18 ó Bathco Independiente de Santander, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.

FormatoEditar

O formato do torneo contou con 3 fases eliminatorias:

  • Cuartos de final: Un único encontro xogado no campo do equipo mellor situado na liga. Os enfrontamentos foron 1º vs 8º, 2º vs 7º, 3º vs 6º, 4º vs 5º.
  • Semifinais: Por sorteo puro, disputáronse a ida e volta.
  • Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.

ParticipantesEditar

Os oito equipos participantes sairon do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.

Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[1]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP P+ P- Bonus
1º.   Independiente 41 11 9 0 2 281 201 5
2º.   VRAC 41 11 8 0 3 307 209 9
3º.   El Salvador 39 11 8 0 3 305 199 7
4º.   At.Madrid 38 11 8 0 3 300 236 6
5º.   Ordizia 34 11 7 0 4 266 215 6
6º.   Cisneros 31 11 6 0 5 264 283 7
7º.   Getxo 30 11 6 0 5 264 226 6
8º.   Gernika 24 11 4 0 7 292 280 8
9º.   Hernani 20 11 4 0 7 227 308 4
10º.   Vigo 18 11 3 0 8 239 320 6
11º.   Santboiana 15 11 2 0 9 188 328 7
12º.   Ciencias 11 11 1 0 10 192 323 7

TorneoEditar

  • Cuartos de final: Encontro único (11/12 de xaneiro de 2014)
    • Independiente 22-13 Gernika
    • El Salvador 21-26 Cisneros
    • At.Madrid 13-18 Ordizia
    • VRAC 37-26 Getxo
  • Semifinais: Encontros de ida e volta (19 de xaneiro e 2 de Marzo de 2014)
    • Cisneros 13-19 Independiente
    • Ordizia 17-16 VRAC
    • Independiente 18-18 Cisneros
    • VRAC 26-21 Ordizia
  • Final: Encontro único (27 de abril de 2014)
    • VRAC 40-18 Independiente[2]
Cadro da competición
  Cuartos de final Semifinais Final
                         
   Independiente 22  
   Gernika 13  
     Independiente 19 18  
     Cisneros 13 18  
   El Salvador 21  
   Cisneros 26  
      Independiente 18
      VRAC 40
   At.Madrid 13  
   Ordizia 18  
     Ordizia 17 21
     VRAC 16 26  
   VRAC 37
   Getxo 26  

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Outros artigosEditar