Copa do Rei de Rugby 2016-2017

Na tempada 2016-2017 disputouse a 84ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., tiñan dereito a competir no torneo os sete equipos que ocupan os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.

Copa do Rei
2015-2016 << 2016-2017 >> 2017-2018
OrganizadorF.E.R.
Edición84ª
Equipos7
CampiónUnió Esportiva Santboiana
FinalistaClub de Rugby El Salvador

Chegaron á final o vixente campión Club de Rugby El Salvador e o decano do rugby español Unió Esportiva Santboiana. A final disputada o 30 de abril de 2017 no Estadio José Zorrilla rematou 16-6 a prol dos cataláns que sumaron a súa duodécima Copa do Rei ó seu palmarés.

Formato editar

O formato do torneo contou con 3 fases eliminatorias:

Participantes editar

Os sete equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaban o dereito a participar na Copa do Rei os sete primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.

Así quedou a táboa da liga trala primeira volta. Os sete equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul:

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP P+ P- BO BD
1º.   El Salvador 44 11 9 0 2 376 176 6 2
2º.   VRAC 43 11 9 0 2 394 182 7 0
3º.   Alcobendas 41 11 9 0 2 375 210 4 1
4º.   Santboiana 36 11 7 0 4 311 241 6 2
5º.   Cisneros 34 11 7 0 4 322 252 6 0
6º.   Independiente 28 11 6 0 5 277 316 3 1
7º.   Ordizia 27 11 5 0 6 294 279 6 1
8º.   Gernika 26 11 5 0 6 238 248 4 2
9º.   Hernani 14 11 3 0 8 154 288 0 2
10º.   Ciencias 14 11 2 0 9 200 377 3 3
11º.   Barcelona 12 11 2 0 9 198 357 1 3
12º.   Getxo 12 11 2 0 9 199 412 2 2

Torneo editar

  • Cuartos de final: Encontro único (15 de xaneiro de 2017) [1]
    • Santboiana 24-7 Cisneros
    • VRAC 13-27 Alcobendas
    • Ordizia 20-6 Independiente
    • El Salvador exento
  • Semifinais: Encontro único (5 de febreiro de 2017) [2]
    • Santboiana 23-16 Ordizia
    • Alcobendas 10-13 El Salvador
  • Final: Encontro único (30 de abril de 2017) [3]
    • Santboiana 16-6 El Salvador
Cadro da competición
  Cuartos de final Semifinais Final
                       
    Santboiana 24  
    Cisneros 7  
      Santboiana 23  
      Ordizia 16  
    Ordizia 20  
    Independiente 6  
      Santboiana 16
      El Salvador 6
    VRAC 13  
    Alcobendas 27  
      Alcobendas 10
      El Salvador 13  
   El Salvador exento  

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar